Navegación por
Mes: Setembro 2022

ELIXIO RIVAS, REFERENTE NA INVESTIGACIÓN EN CLAVE NOSA [1925-2022]

ELIXIO RIVAS, REFERENTE NA INVESTIGACIÓN EN CLAVE NOSA [1925-2022]

O 24 de setembro deste 2022 falecía [con 97 anos de idade] en Santa Marta de Tormes [Salamanca] o egrexio investigador, referente pra todos nós, Elixio Rivas Quintas. A nova do pasamento comunicóunola o amigo José Juan Pérez Ramos onte a media mañá. Mesmo nos enviou un aquelado enlace do xornal La Región que ampliaba a información. Despois aparecería outro na mesma liña no xornal La Voz de Galicia. Estivemos con Elixio Rivas por última vez no mes de marzo…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO PINTOR SOBRANCEIRO

BELLO PIÑEIRO PINTOR SOBRANCEIRO

Sempre que imos até o Seixo -camiñando dende Maniños- reparamos uns intres na casa de Bello Piñeiro e na cumprida placa que está pendurada na fachada: “A Sociedade Cultural Amigos da Paisaxe Galega dedica este perenne recordo á memoria do ilustre pintor e publicista Felipe Bello Piñeiro, Precursor do Renacemento da Pintura Galega. O Seixo, 9/XII/52″. Con mágoa, cada vez que pasamos por alí, comprobamos que esa casa amosa un deterioro considerábel que vai a máis. Hai, dende 2019, un…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ATORMENTADO

BELLO PIÑEIRO ATORMENTADO

Nunha entrevista do xornalista Luís Caparrós en La Voz de Galicia [6/IV/1951], cando Felipe Bello Piñeiro contaba con 65 anos de idade, preguntoulle se estaba solteiro, casado ou viúvo. O sobranceiro pintor do Seixo contestoulle que estaba “solteiro por dificultades de elección, pois as mulleres son demasiado guapas pra decidirse por ningunha”. Medio século despois logramos saber que as razóns do seu estado civil eran outras e que direccionaban cara a súa nai, dona Lola Piñeiro Toimil, e cara o…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ESCRITOR

BELLO PIÑEIRO ESCRITOR

Aínda que este singular volume saíu impreso por primeira vez en 1922, no Boletín da Sociedade Española de Amigos da Arte en Madrid, nós adquirimos a 4ª edición do que, anos despois, tirou do prelo Edicións do Castro [1965, 1972, 1979 e 1997]. Naquela altura o ilustre pintor Bello Piñeiro estaba nunha das fases da súa vida máis intensa como activista en moitas frontes. Regresou de Madrid ao Seixo coa teima de “crearse unha posición eiquí” [Fraga Sampedro: 2004]. Entre…

Ler máis Ler máis

BELLO PIÑEIRO ILUSTRADOR

BELLO PIÑEIRO ILUSTRADOR

Ademais dun destacado pintor, este fillo sobranceiro do Seixo [parroquia de Franza, Mugardos, 1886 – 1952], tamén fixo incursións como ilustrador, como activista político e cultural e como escritor. A imaxe que acompaña esta achega amosa a portada da novela de Manuel Vidal Rodríguez [Maceda, 1870 – Compostela, 1941], titulada “Elena de Síbaris”, que saíra do prelo en Madrid no 1912. Naquela altura Bello Piñeiro andaba moi activo pola capital do Estado. Xa en 1901, con quince anos de idade,…

Ler máis Ler máis

ROSALÍA DE CASTRO NO SEIXO

ROSALÍA DE CASTRO NO SEIXO

Sempre que nos achegamos ao Seixo dende Maniños, reparamos nesta placa ubicada [dende setembro de 2018] na fachada dunha casa grande radicada no outeiriño urbano deste magnético lugar do Concello de Mugardos [Ferrolterra]. Pulula naquela contorna que Rosalía de Castro e o autor de “La casa de la Troya”, léase Alejandro Pérez Lugín, amosaban certa relación de parentesco [cando morreu Rosalía en 1885, el tiña 15 anos]. Pérez Lugín pasaba tempadas en Maniños escribindo e descansando… Fontes orais ubican unha…

Ler máis Ler máis