COMPROMISO E INCULTURACIÓN ARREDOR DE FRANCISCO CARBALLO

COMPROMISO E INCULTURACIÓN ARREDOR DE FRANCISCO CARBALLO

Caricatura de Francisco Carballo. Autor: Xosé Lois “O Carrabouxo”, 2014

O sábado, 30 de decembro deste 2023, retoma a Asociación Amigos de Francisco Carballo [AAFC] a iniciativa da dignificación do presbítero ilustrado de Maceda, aos nove anos do seu pasamento. En 2024 cumpriranse dez anos do seu deceso (29 de novembro). En 2025 chegaremos ao centenario do seu nacemento (8 de marzo). Datas que conlevan retos, mesmo en clave de País, polos servizos prestados e pola súa entrega a prol do ennobrecemento do pobo galego. Eis o programa de actos que imos levar adiante desta volta na vila de Maceda:

11.45.- Cafetería Castillo [As Canteiras, 1].

–  Concentración na cafetería do Cesáreo, histórico lugar de encontro de Francisco Carballo cos seus amigos de Maceda.

12:15.- Praza Francisco Carballo [O Toural].

  • Vindicación do seu legado coa lectura dun singular texto da súa autoría [do manual “Historia de Galicia”, ANPG, 1979]. Intervirá: Santiago Prol, investigador.
Placa da praza á súa memoria en Maceda. Foto: Santiago Prol

12:30 .- Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda [a carón do cruceiro barroco].

  • Colocación de dous cartaces no espazo dedicado á súa memoria [un sobre o roteiro cultural pola cidade de Pontevedra, inserido nos Lugares de F. Carballo (outubro de 2019) e o outro sobre a placa pendurada na praza que leva o seu nome en Maceda (setembro de 2019)]. Intervirá: Bieito Seara, ex alcalde de Maceda.
  • Mesa redonda: “Compromiso e inculturación arredor de Francisco Carballo, aos nove anos do seu pasamento”. Intervirán: Luís Alfonso Vázquez, médico; Antón Gómez, teólogo; Xulio Gómez Rodríguez, docente.
  • Presenta: Celso Sánchez, tenente alcalde de Maceda e concelleiro de Cultura.
Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda. Foto: Santiago Prol

14:00.- Comida de confraternidade.

Organiza: Asociación Amigos de Francisco Carballo. Agradecemento: Xosé Lois González. Colabora: Concello de Maceda.

Membros da Asociación Amigos de F. Carballo no Roteiro por Pontevedra, outubro de 2019. Arquivo do autor.
Os comentarios están pechados.