OITOCENTOS OITENTA E TRES LIBROS

OITOCENTOS OITENTA E TRES LIBROS

Espazo dedicado a F. Carballo en Maceda. Arquivo do autor.

Oitocentos oitenta e tres. Ese é o número dos libros de Francisco Carballo que tiveron a ben pasarlle á Biblioteca Pública de Maceda, que ten un fondo global de máis de 13.000 volumes. Engadir os ensaios da súa autoría, o libro das Conversas [Prol / Carballa, 2002] e algunhas das obras colectivas nas que colaborou. Un bo feixe deles doámolos nós por duplicado ou triplicado. Francisco Carballo tiña moitos máis libros… Todo o catálogo imprentado pola editora d´A Nosa Terra -da que el posuía exemplares- incrementaría bastante os 883. Ademais facía periodicamente, no semanario ANT e noutras revistas, recensións de libros que lle pasaba moita xente…

Espazo para os cartaces á memoria de F. Carballo en Maceda. Foto: Santiago Prol

O catalogado de Francisco Carballo na nosa biblioteca cuantificouno amabelmente a bibliotecaria Avelina Losada López, que sempre atendeu as nosas peticións en todo o que ten que ver coa cultura. Eis a relación diseccionada dos seus volumes depositados en Maceda: 327 de relixión, cursos e revistas; 30 biografías; 134 novelas, teatro e poesía; 86 de ciencias e de política; 100 de lingua e literatura e 206 de xeografía e historia…

Foto: Santiago Prol

N. B.- Rescatamos desta volta unha singular achega que Xan Carballa pendurou en www.anosaterra.com o 28 de novembro de 2018. Fala do que estamos a facer dende a Asociación Amigos de Francisco Carballo, insire o fermoso documental que artellara para a primeira homenaxe póstuma [27 de decembro de 2014]. Mesmo pendura unha das últimas entrevistas que Xan lle fixera ao presbítero ilustrado de Maceda. Beizón!

Eis o enlace [pinchar eiquí].

Os comentarios están pechados.