A ESENCIAL WEB FELOSDEMACEDA.COM
Estamos diante dunha auténtica FELOPEDIA. Brillante idea do activista José Juan Pérez Ramos con colaboracións da fotógrafa Rita Blanco Fernández, persoa abondo comprometida coa causa. O que inicialmente foi un blog arredor do universo dos Felos [19/III/2013], transformouse nunha páxina web fundamental sobre a máscara tradicional do Noso Entroido [pinchar eiquí]. Un traballo inxente de contidos dende a súa creación [30/XII/2014]. Fonte: “Libremente (felos sempre serra)” de Emilio Araúxo, 2015 (pp. 138 e 154-155). O ano 2014 foi moi frutuoso…