O CARDEAL QUIROGA NA OLLADA DE XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ
O vencello do Cardeal Quiroga Palacios co historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández focalizámolo nomeadamente na segunda metade da década dos 60 e comezos dos 70. Naquela altura Barreiro exercía o sacerdocio e oficiaba misa en galego. Como teólogo, sociólogo e profesor, era un dos homes de maior confianza de don Fernando (até a crise do Seminario Maior, coa folga xeral, na primavera de 1971 da que falaremos noutra achega). Barreiro tamén dirixiu a revista Compostellanum e axudoulle ao Cardeal de…