Navegación por
Categoría: miscelanea

DOMINAR OS VENTOS DA ILHA SANTA HELENA

DOMINAR OS VENTOS DA ILHA SANTA HELENA

Seguimos recuperando vídeos moi aqueloutrados sobre Santa Helena, a illa que descubrira João da Nova en 1502. Desta volta, intertextualizando ao fabricante aeronáutico brasileiro que realizou este singular documental con logradísimas imaxes, “uma grande produção da Embraer para comemorar o sucesso da aeronave no aeroporto mais remoto do planeta”. Beizón!

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

ST. HELENA / THE CITY OF JAMESTOWN to LIVE, WORK & EXPLORE

A mediados de 2023, para impulsar a promoción da capital da illa que descubrira o galego João da Nova en 1502, as autoridades locais vulgarizaron un singular proxecto videográfico de 13´ 52´´. Aínda que fora atopada polo nauta vencellado á Casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza) ao servizo da Coroa de Portugal, Santa Helena non fora poboada até 1659 polos británicos. Punto estratéxico no Atlántico Sur, hogano anda polos 4.200 habitantes. Cunha temperatura duns 10ºC en inverno e duns 30ºC…

Ler máis Ler máis

AMAZONÍA AZUL / ILHA DA TRINDADE

AMAZONÍA AZUL / ILHA DA TRINDADE

Fermoso e logradísimo vídeo pendurado en youtube pola Marinha do Brasil. Cunha duración de 1 minuto e 53 segundos, paga a pena reparar nel. Lembremos que esta illa fora descuberta polo galego João da Nova en 1501. Eis o breve texto que o acompaña e co que comeza o relato: “Você sabia que no meio do Oceano Atlântico, no caminho para a África, o Brasil possui uma ilha que é um paraíso natural, a Ilha da Trindade?”. Beizón!

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

A BATALHA DE TRINDADE NA GRAN GUERRA

Atopamos na arañeira un vídeo singularmente interesante na procura de fornecer todo o que teña que ver [directa ou indirectamente] co nauta galego João da Nova. A Batalha de Trindade foi adiante entre grandes navíos transatlánticos [cruceiros readaptados e militarizados], durante a Primeira Guerra Mundial, denominada a Gran Guerra [logo viría outra máis demoledora e máis grande…]. Sucedeu o 14 de setembro de 1914 ao abeiro do territorio marítimo do Brasil [país neutral naquel intre], máis concretamente a carón da Ilha da…

Ler máis Ler máis

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

Atopamos outro vídeo en youtube [10´] abondo interesante sobre a illa que descubriu João da Nova en 1502, ao regreso do III Viaxe á India da Coroa de Portugal. Ademais de fermosas vistas aéreas, o youtuber Jeb Brooks repara con detalle na famosa Escaleira de Jacob, nas residencias de Napoleón no seu exilio derradeiro en Santa Helena, nalgunhas das rutas de sendeirismo que se poden facer e nalgunhas das vistas máis abraiantes desta singular e magnética illa. Excelente traballo audiovisual….

Ler máis Ler máis

O REGRESO DE CASTELAO NA OLLADA DE XAN CARBALLA

O REGRESO DE CASTELAO NA OLLADA DE XAN CARBALLA

Dende o 7 deste mes de marzo até o 2 de xuño de 2024, na planta baixa do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, podemos ollar unha singular exposición cunha escolma de 52 fotografías que Xan Carballa tirou coa súa Minolta nunha data histórica: o 28 de xuño de 1984, coincidindo [48 anos despois] coa da votación do Estatuto do 36. O Parlamento Galego, por iniciativa do deputado de Esquerda Galega, Camilo Nogueira [moi cuestionado naquela altura polo nacionalismo hexemónico],…

Ler máis Ler máis