NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA EN GOOGLE BOOKS

NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA EN GOOGLE BOOKS

Portada do libro [Prol, 2009]

Para a xente interesada temos parte do volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Santiago Prol, Ed. Difusora, 2009] na arañeira, léase en google books.

Recuperamos outra volta a contraportada: “Esta rigorosa achega abrangue aos nobres vencellados ao Castelo de Maceda máis egrexios, que levaron o seu nome polo mundo adiante dende a Baixa Idade Media: María Fernández, a filla do conde de Traba. Afonso X o Sabio e o seu preceptor Garci Fernández. Pedro Iáñez de Nóvoa que fixo carreira política e militar dentro da Igrexa. João da Nova, un galego universal, o máis relevante do século XVI. Xoán Iáñez de Nóvoa e o Panteón de Nóvoas Egrexios. Outrosí o condado de Maceda (1654) que lle foi concedido a Alonso de Lanzós e Nóvoa. O III conde Joseph Benito de Lanzós e Nóvoa acadou a Grandeza de España de 1ª clase (1710). O seu primoxénito Antonio Pedro Nolasco chegou a gobernador de Madrid e vicerrei de Navarra. Unha condesa de Maceda está soterrada no que hogano conforma o Panteón de Galeg@s Ilustres. Baltasar Pardo de Figueroa, VIII conde de Maceda, finou na batalla de Medina de Rioseco (1808). Xoán Xosé Caamaño Pardo, conde consorte de Maceda, foi un dos ilustrados de comezos do XIX en Galiza… A relevante nómina deste volume soborda o ámbito local. Unha aproximación necesaria que enche unha eiva da nosa memoria colectiva”. Beizón!

Eis o enlace ao pendurado na arañeira: PINCHAR EIQUÍ

Os comentarios están pechados.