Navegación por
Categoría: benigno

31 DE DECEMBRO DE 1936 EN MACEDA

31 DE DECEMBRO DE 1936 EN MACEDA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT: 2002] preguntámoslle ao presbítero ilustrado de Maceda: “¿Á túa casa chegaban noticias dos que paseaban en Maceda e dos nove que fusilaran o 31 de decembro de 1936, despois dun consello de guerra ignominioso? Si. Vixiábase a casa e nós estabamos en expectativa constante. Había medo de que houbese reaccións. Teño na memoria con todo detalle os acontecementos do 36. Deses nove martirizados, que hoxe teñen un monolito de lembranza na Praza…

Ler máis Ler máis

BENIGNO ÁLVAREZ & DARÍO XOHÁN CABANA

BENIGNO ÁLVAREZ & DARÍO XOHÁN CABANA

O 13 de marzo de 1997 fixémoslle en Maceda unha homenaxe a Benigno Álvarez e, por extensión, a todos os caídos e represaliados da nosa contorna. Na comisión estaba, ademais de Bieito Seara, Celso Sánchez e nós mesmos, o malogrado escritor Marcos Valcárcel, que se encargara de invitar á xente que logo participaría no recital poético, na mesma Praza de Benigno Álvarez. Despois da arenga cívica de Bieito Seara, interviñera o doutor Celso Sánchez, lendo o manifesto poético que Marcos…

Ler máis Ler máis

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

Día da Patria Galega. Día de Galicia. Día do Santo Patrón das Españas. Festividade do Apóstolo Santiago… Nun só día poden entrar case todas as fasquías. Na órbita relixiosa en Maceda temos, abeirado ao 25 de xullo, ao Cardeal Quiroga Palacios, que protagonizou os Anos Santos de 1954, 1965 e 1971. Mesmo foi o impulsor iniciático do actual fenómeno Xacobeo. No plano arqueolóxico e literario temos ao presbítero ilustrado Manuel Vidal que escribiu tres libros arredor do universo Xacobeo e…

Ler máis Ler máis

BENIGNO ÁLVAREZ, UN COMUNISTA NA GALIZA DOS ANOS 30

BENIGNO ÁLVAREZ, UN COMUNISTA NA GALIZA DOS ANOS 30

Repararemos polo miúdo nesta bitácora sobre a figura de Benigno Álvarez e, por extensión, nos caídos e represaliados da contorna de Maceda logo do golpe militar de xullo de 1936. Mesmo contaremos como logramos localizar á súa filla, que semellaba finada nas publicacións imprentadas naquela altura, como nos achegamos [co malogrado amigo Antón Gómez e a súa compañeira Avelina Losada], até Aroles (Vega, Xixón) ao seu domicilio particular, como logramos facer a entrevista que logo apareceu no libro [Prol, 2008],…

Ler máis Ler máis