A TARTATUGA JONATHAN EN SANTA HELENA DENDE HAI CASE DOUS SÉCULOS
Vive nos terreos da residencia oficial do gobernador/a da Illa Santa Helena. Abeira os dous séculos e pode que sexa un dos animais con máis idade do noso planeta. Aliméntase de froita e vexetais. É unha tartaruga xigante da especie aldabrachelys hololissa. Todo un fenómeno de estudo sobre a lonxevidade -na illa que descubriu João da Nova, o mariño galego vencellado aos nobiliarios de Maceda, no bispado de Ourense [Prol: 2002]-. Eis un dos aquelados vídeos [hai varios na arañeira] deste vedraño fenómeno da natureza, que chegou a Santa Helena en 1882 cando xa tiña uns 50 anos, polo que coidan naceu arredor do 1832 nas Seychelles. Estamos a falar de 190 anos de idade [e máis de 30 gobernadores da illa que pasaron nese tempo] ¡Beizón!