Navegación por
Categoría: lugares

ROTEIRO POR BARAKALDO (5)

ROTEIRO POR BARAKALDO (5)

Co pretexto do Roteiro por Barakaldo, imos complementar as estadías de Francisco Carballo no País Vasco ao longo da súa vida. Ademais das Lembranzas e as Memorias, tiramos do que engadiu nas Conversas (Prol / Carballa, ANT, 2002): “Ofrecinme para ir ás misións da India. Mesmo me inscribiron para ir estudar a Roma (…). Quedei en Madrid. No ano 1954 acabei a carreira coa tesina en Historia (sobresaínte). Daba clases de matemáticas aos “filosofillos” e as materias que me botaban…

Ler máis Ler máis

ROTEIRO POR BARAKALDO (4)

ROTEIRO POR BARAKALDO (4)

“No ano 1963 saíu o meu primeiro libro, O Santuario do Monte Medo. Ao pouco un folletiño, Espíritu misionero de la constitución litúrgica (1965). Era a primeira referencia miña ao Concilio Vaticano II (…). No 1963, a morte da miña nai, 20/XI/63. Despraceime dende Barakaldo e asistín algúns días na súa enfermidade, o que ela agradecía sen límite. Lía o meu libriño [sobre Os Milagres do Monte Medo] e acariñábao como a un fillo meu. A morte dos pais para un célibe é…

Ler máis Ler máis

ROTEIRO POR BARAKALDO (3)

ROTEIRO POR BARAKALDO (3)

“Ao chegar a este intre das Memorias, releo o Diario dos anos anteriores, que inda conservo. Comeza en 1961. O referente aos vinte anos anteriores destruíno. Agora laméntoo. Atopo no Diario dos anos anteriores a 1962 un cheiro desagradábel; está en español até 1973 e xa me sona raro (…). En 1962, mes de setembro, saín do piso para vivir no Colexio de Beurko. En 1963, 22 de novembro, enterro da miña nai en Asadur. Extraordinaria presenza de veciños, familiares,…

Ler máis Ler máis

ROTEIRO POR BARAKALDO (2)

ROTEIRO POR BARAKALDO (2)

“A Congregación constituíu un novo colexio no barrio de Beurko en 1962. Fun designado para inauguralo como superior e como director. Tres anos de ilusionado intento de acertar na educación nunha cidade obreira, de emigrantes e con pequenos espazos de reivindicacións nacionalistas. A parroquia de San Vicente era avanzada na pastoral, de diálogo obreiro e de inculturación en Euskadi. Estaba a uns pasos do colexio. Ao pé deste xurdiu a parroquia de Santa Teresa con clero traído de perto do…

Ler máis Ler máis

ROTEIRO POR BARAKALDO (1)

ROTEIRO POR BARAKALDO (1)

Imos meterlle o dente aos 7 anos que Francisco Carballo pasou en Barakaldo (1958-65), mesmo seguindo as Memorias e Lembranzas que tivera a ben pasarnos a Xan Carballa e a Santiago Prol para o libro das Conversas (ANT, 2002). Facemos así un singular roteiro; desta volta virtual sobre os seus lugares.  No ano 1958 trasladárano dende Marín ao colexio San Vicente de Paúl de Barakaldo. O cambio de destino fora co pretexto de incompatibilidade co superior da comunidade ao que cesaran. Tamén primaban…

Ler máis Ler máis

O COUTO MIXTO NA RAIA SECA

O COUTO MIXTO NA RAIA SECA

Camiño Privilexiado. Santiago, Rubiás e Meaus. Entre Galiza e Portugal. Pobos promiscuos (Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos). Serra de Larouco e Pena Rubia. Raia seca. Arraianos trilingües. Territorio tacitamente independente. Estatus propio. En terra de ninguén. Exentos de impostos. Actividades agrícolas e gandeiras. Liño, millo, patacas, ovellas e vacas [cachenas]. Outras mercadorías. Dereito de asilo. Sufraxio en cada aldea. Comercio libre. Estraperlo & contrabando. Microestado autónomo. Arcón coas tres chaves. Xuíces honorarios. Homes de Acordo. Couto Mixto… Hogano Asociación Amigos do Couto Mixto. Luís…

Ler máis Ler máis