¿POR QUE MACEDA?

¿POR QUE MACEDA?

Por ser o noso lugar de orixe, o “Macondo” da nosa infancia, a “arcadia feliz” da nosa primeira xuventude, o espazo no que sempre mantivemos as amizades verdadeiras e o territorio onde teremos o descanso derradeiro abeirado ao Medrollo milenario… Mesmo por estar asentado no Val do Medo, ao pé da Serra de San Mamede e dos Montes do Rodicio, coa inconmensurábel forza telúrica que conforman. Na SOLEIRA desta bitácora procuramos apontoar todo ese vencello, que paseniñamente imos modelando eiquí…

Penduramos hoxe, pra contextualizalo, un vídeo documental de 2018 que leva milleiros de visitas, que abrangue boa parte de todo ese universo e que procura seducir a quen teña a ben visitarnos. ¡Graciñas mil! ¡Beizón!

Comentarios pechados.