PARADOR DE PONTEVEDRA. PALACIO DOS CONDES DE MACEDA

PARADOR DE PONTEVEDRA. PALACIO DOS CONDES DE MACEDA

Placa da Rúa Maceda -no casco antigo de Pontevedra cidade- fronte ao actual Padador de Turismo. Foto: Santiago Prol

No Roteiro de 2019 “Os lugares de Francisco Carballo”, centrámonos na cidade de Pontevedra coa que tivo grandes concomitancias boa parte da súa vida. Mesmo fixemos un “receso” no Parador de Turismo, que fora erixido como Pazo dos Condes de Maceda e residencia habitual dos mesmos. Do libro “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009], dentro do extenso capítulo “O Condado de Maceda”, exhumamos [páx. 207]:

Escaleira do Palacio dos Condes de Maceda en Pontevedra. Actual Parador de Turismo. Arquivo do autor

“Ademais do Castelo de Maceda, dos Pazos de Sobrán, Lanzós, Taboada, Santo Antoíño, Fefiñáns, Palacio de Maceda [Madrid] e doutros moitos, salientariamos o actual Parador de Pontevedra, que se ubica no casco histórico da cidade [Rúa Barón, 19]. Antigamente tamén se coñecía como Palacio de Maceda. O seu egrexio propietario foi Joseph Benito de Lanzós e Nóvoa, Conde de Maceda. Denantes da súa remodelación actual [15/I/1955], foi escola [Colexio Graduada Álvarez Limeses], depósito de sal, loxa masónica, casa veciñal, refuxio -nos seus subterráneos- de fuxidos do 36, orfanato, parque de bombeiros, oficina de correos, local de ensaio da banda de música da cidade… Ademais da entrada principal, o pazo tiña outras dúas. Unha estaba na actual Rúa Maceda, abeirada aos xardíns que daban acceso a un garaxe aristocrático. A outra entrada estaba no que agora conforma a Rúa de San Telmo”. Eis un telegráfico vídeo sobre o Palacio dos Condes de Maceda en Pontevedra cidade [fomentado por Paradores e pendurado -desta volta- na arañeira por PONTEVEDRATV]. Seguimos co “roteiriño virtual ” ¡Beizón!:

Comentarios pechados.