VLAD TEPES ROMANCEADO POR STOKER
Foi na primavera do curso 1975-76, cando estabamos en Sexto (do antigo Bacharelato Superior, o da Lei de 1953 de Ruiz-Giménez, anterior á de Villar Palasí, a da EXB e o BUP de 1970). Naquela altura, por agasallo familiar (dende Terra Ancha), chegou ás nosas mans unha novela que nos deixou abraiados e que devoramos nun par de sentadas. “Drácula” de Bram Stoker (1897) sobordaba as 450 páxinas. Con ela medrou a nosa vocación lectora. Non imos contar as orixes…