A CASA DE ANA FRANK

A CASA DE ANA FRANK

No verán de 2007 fixemos coa nosa familia un circuíto polo norte de Alemaña, Holanda e Bélxica. Naquela viaxe ía incluída unha estancia en Amsterdam un par de días. Aproveitamos pra ver a Casa de Ana Frank, un museo prá historia que nos impresionara moito aos catro. Coas entradas viña un libriño guía de 16 páxinas, no que aparecía o relato ilustrado do que sucedera naquela casa dende o 6 de xullo de 1942 até o 4 de agosto de…

Ler máis Ler máis

DÍA INTERNACIONAL DOS BEATLES

DÍA INTERNACIONAL DOS BEATLES

O 16 de xaneiro é a data que a “beatlemanía” lle recoñece a John Lennon, Paul McCartney, Ringo Starr e George Harrison. O noso profesor de Música da xeira universitaria, tamén era o director do Orfeón Unión Orensana, á par que organista oficial da Catedral de Ourense. Nalgunhas das excursións que faciamos con el no Orfeón, mesmo con actuacións alén do Padornelo e a Portugal, dicíanos o singular catedrático Xerardo Salgado Valdés, que os Beatles sabían moi ben o seu…

Ler máis Ler máis

NAPOLEÓN EN SANTA HELENA COA OLLADA DE NIEVES CONCOSTRINA

NAPOLEÓN EN SANTA HELENA COA OLLADA DE NIEVES CONCOSTRINA

No programa “La Ventana” da Cadena SER, que emiten todas as tardes [de luns a venres] da man do prestixioso comunicador Carles Francino, hai unha sección titulada “Acontece, que no es poco”, que leva a singular escritora e xornalista Nieves Concostrina, á que xa lle seguimos a pista antes, en Radio 5 de RNE, coa sección “Polvo eres” e logo en “No es un día cualquiera” de Radio 1, con “El acabose” e con “Concostorias”. O seu xeito de contar…

Ler máis Ler máis

CARTA AO SEÑOR FUTURO

CARTA AO SEÑOR FUTURO

A comezos de 2008 Francisco Carballo imprentou no semanario ANT unha columna con ese título. Sabíamos da súa querenza polos escritores uruguaios Eduardo Galeano e Mario Benedetti. Nós tivemos a fortuna de escoitalos -ao igual que Carballo- eiquí en Compostela máis dunha vez aos dous: “Non quero deixar de sumarme a ese agasallo en galego de Eduardo Galeano [Laiovento, 2008], unha escolma longa e trepidante de artigos deste avogado e xornalista para nós (…). De Galeano teño sempre á man…

Ler máis Ler máis

CHRISTMAS WITH LEONTYNE PRICE

CHRISTMAS WITH LEONTYNE PRICE

Na achega do 24 de decembro comentamos que, dende hai máis de tres décadas, escoitamos o vinilo monográfico de Leontyne Price sobre o Nadal arredor dalgúns clásicos, dirixida polo xenial Herbert Von Karajan. Hoxe inserimos o volume completo, mesmo coa confianza de que escampe a xeira deste bicho doente que axexa e axexa e non acouga. Inoculemos boas vibracións… Listen:

31 DE DECEMBRO DE 1936 EN MACEDA

31 DE DECEMBRO DE 1936 EN MACEDA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT: 2002] preguntámoslle ao presbítero ilustrado de Maceda: “¿Á túa casa chegaban noticias dos que paseaban en Maceda e dos nove que fusilaran o 31 de decembro de 1936, despois dun consello de guerra ignominioso? Si. Vixiábase a casa e nós estabamos en expectativa constante. Había medo de que houbese reaccións. Teño na memoria con todo detalle os acontecementos do 36. Deses nove martirizados, que hoxe teñen un monolito de lembranza na Praza…

Ler máis Ler máis