ELIXIO RIVAS E O MUSEO DOS DEVANCEIROS
Achegámonos a Elixio Rivas por mor dunha monografía súa sobre a “Historia do Santuario dos Milagres” [1991]. Agora ben, abraiounos a “biblia” da nosa contorna, que el tirara do prelo en 1985; un auténtico “vademecum” que todo investigador debe ter en conta á hora de mergullarse nestas terras. Estamos a falar de “A Limia: Val de Antela e Val do Medo”. Elixio Rivas é un pioneiro ilustrado; todo un referente en etnografía, arqueoloxía e toponimia a nivel galego. Estudara nos…