BIEITO COMO “YOUTUBER”

BIEITO COMO “YOUTUBER”

Na primavera de 2017 solicitounos Bieito, pra un compromiso profesional cos seus colegas, se podiamos achegarnos a Maceda pra facerlle unha visita guiada a todos eles polo Noso Castelo. Na data que el tiña programada non era posíbel aquela demanda. Coma sempre, Bieito propuxo un plan B ao fallar o plan A. Que fixésemos un vídeo caseiro entre os dous co seu “mancontro”, que logo lles proxectaría alí mesmo no Castelo [prá veciñanza sempre será a Torre de Maceda]. Aquela…

Ler máis Ler máis

BIEITO ACTIVISTA EN CLAVE LOCAL E DE PAÍS

BIEITO ACTIVISTA EN CLAVE LOCAL E DE PAÍS

Amosa esta imaxe dos anos 80 do século pasado un volcánico Bieito exercendo como activista a prol da dinamización de todo o que ten que ver con Maceda e, por ende, co noso País. O IES foi unha teima del que rematou sendo unha realidade. A segunda xeira da Agrupación Cultural Os Cabaceiros marcou a toda unha xeneración de macedáns e abeirados. A súa militancia en clave Nosa, exercendo a cotío como un nacionalista con sentidiño [mesmo con paradigmático pragmatismo],…

Ler máis Ler máis

¡INSTITUTO PARA MACEDA XA!

¡INSTITUTO PARA MACEDA XA!

Esa acertada consigna agromou no maxín do Bieito en 1986. Tardou cinco longos anos até que foi unha realidade. Xa forma parte da nosa memoria colectiva de hogano. Nesa pegatina [“tuneada” coa autorización do Xosé Lois], aparecía o Carrabouxo cunha pancartiña na que destacaba a lograda consigna. Respostáballe un paisano, sinalando co dedo moi vehemente: ¡conseguirémolo! Abofé que así foi. Aquel delongado lustro de loita, de sinerxias, de empatía, de pedagoxía colectiva, de enerxía positiva e de implicación das forzas…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A BIEITO SEARA NA HOMENAXE ARREDOR DE RADIO MACEDA

ENTREVISTA A BIEITO SEARA NA HOMENAXE ARREDOR DE RADIO MACEDA

O 10 de agosto de 2013, ao abeiro das Festas Patronais das Neves, penduraron na arañeira esta lograda entrevista ao Bieito, fillo sobranceiro de Maceda e pioneiro de moitas iniciativas. Entre elas unha emisora local libre [Radio Cabaceiro] a mediados dos anos 80 do século XX, dende a plataforma da Agrupación Cultural Os Cabaceiros de Maceda que el abandeirou con moita enerxía positiva naquela década. Eis esta interesante entrevista [dende a Praza dos Cabaceiros que el “bautizou” cando foi alcalde]….

Ler máis Ler máis

SELO 500 ANIVERSARIO DA DESCUBERTA DA ILLA SANTA HELENA

SELO 500 ANIVERSARIO DA DESCUBERTA DA ILLA SANTA HELENA

En febreiro de 1997, preparando os fastos do 500 aniversario da descuberta da Illa Santa Helena Atántico Austral], dende Jamestown, a capital da illa, emitiuse este selo conmemorativo que nós inserimos nun dos 20 paneis da exposición permanente “João da Nova, o descubridor galego do século XVI” en Maceda [2002]. Nesta estampiña podemos ollar ao nauta galego sinalando a remota illa dende o seu barco, exercendo como capitán maior, na viaxe de regreso da III Expedición portuguesa á India [despois…

Ler máis Ler máis

NOVOS SELOS DE CORREOS SOBRE JOÃO DA NOVA

NOVOS SELOS DE CORREOS SOBRE JOÃO DA NOVA

Atopamos na arañeira dous novos selos de correos conmemorativos [de 0,70 e 0,91 euros] evocando os 500 anos da presenza do reino de Portugal nos Mares Austrais [Portugal – 2021 – Correo – Nº 04769/70]. O protagonista destas suxerentes estampiñas postais é o “galego de nazón” João da Nova; macedán egrexio e universal, o máis relevante do século XVI en clave de País, que -insistimos- non está recoñecido como debería eiquí e alén do Padornelo…]. Beizón!!!