O LUGAR (MATRICIAL) DE FRANCISCO CARBALLO

O LUGAR (MATRICIAL) DE FRANCISCO CARBALLO

O 30 de novembro de 2000, F. Carballo imprentou unha singular columna na contraportada do semanario ANT que titulou “O meu lugar”. Logo, no libro das “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002], volvería incidir nas súas orixes, facendo unha salientábel radiografía persoal chea de sensibilidade, vindicación e sabedoría: “O poder mediático está a impoñer como denominación de todo núcleo poboacional menor o de “aldea”. Quedan relegados os lugares, casais, vilares… como inexistentes. Pois non. Eu son dun “lugar” da parroquia…

Ler máis Ler máis

ENCONTROS NO MORRAZO CON CARBALLO

ENCONTROS NO MORRAZO CON CARBALLO

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda o 4 de agosto de 2000, e que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por artellarse dende as miñas orixes”, os amigos que tivemos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra moita xente da súa órbita máis acesa]. Esta foto, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de abril de…

Ler máis Ler máis

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

O xornalista Xosé Manoel Rodríguez fíxonos unha entrevista antes da presentación en Maceda do libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008]. Apareceu publicada, o 12 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia: “O castelo de Maceda vivirá mañá unha cita longo tempo agardada: a recuperación dunha figura emblemática da comarca e da provincia que viu truncada a súa vida pola represión falanxista que trouxo consigo a guerra do 36. Na…

Ler máis Ler máis

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O sábado, 14 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia, ao día seguinte da presentación do noso libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008], apareceu unha salientábel columna de Antón Feito [pseudónimo dun xornalista ao máximo nivel do staff dese periódico naquela altura en Ourense]. Na súa sección “O fiadeiro” (páx. L2) imprentaba: “Fai tempo que se viña reclamando un esforzo para rescatar a figura de Benigno Álvarez do dobre…

Ler máis Ler máis

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

No suplemento “Culturas” do xornal La Voz de Galicia [14/VI/2008], aparece unha recensión do noso libro “Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008] da man dun historiador especialista nesa xeira histórica. Estamos a falar de Carlos Fernández Santander, que publicara un dos volumes de referencia quince anos antes [“El alzamiento de 1936 en Galicia. Datos para una historia de la Guerra Civil”, Eds. do Castro, 1983]. Outrosí moreas de columnas sobre ese tema no…

Ler máis Ler máis

AUDIOVISUAL ARREDOR DA AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS

AUDIOVISUAL ARREDOR DA AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS

Conforma este audiovisual [120 imaxes] un salientábel documento colectivo na historia recente de Maceda, elaborado dun xeito artesanal, moi entrañábel no fondo e tamén na forma, fermoso visualmente e cheo de sensibilidade, arredor da histórica Agrupación Cultural Os Cabaceiros e o seu contexto. Mesmo vai acompasado, como pano de fondo, co poema “Volvín á terra pro perdín o amor” de Bernardino Graña, musicado polo cantautor Suso Vaamonde [conformando unha das mellores cancións da súa traxectoria]. Fixémolo co gallo da presentación en…

Ler máis Ler máis