O GAITEIRO CARLOS NÚÑEZ E OS FELOS

O GAITEIRO CARLOS NÚÑEZ E OS FELOS

Recolle o xornal La Región, o 20 de febreiro de 2022, un titular moi interesante en clave nosa: “Carlos Núñez amosa aos seus seguidores o felo e o entroido de Maceda”. Logo, na entradiña engade que o popular músico, un dos gaiteiros máis recoñecidos a nivel mundial [con vencellos en Maceda, xa que logo o seu avó, o pedagogo avanzado Albino Núñez, exerceu a docencia na nosa vila na xeira republicana], estivo no entroido do 2022 na aldea de Tioira…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

Comezamos o engaiolante traballo de campo arredor do universo Felo a finais dos anos 80 do século pasado. Trinta e pico anos despois fixémoslle, no relevante libro en clave nosa “Conversas co Bieito” (Prol: 2022), publicado pola editora ourensá Difusora, varias preguntas arredor do enigma ao noso amigo Xosé Bieito Seara Formoso (páxinas 241-244 do capítulo “Vida social / O lecer”). Recuperámolas desta volta, xa que logo sintetizan aqueladamente o que hogano interpela aos Felos de Maceda. Mesmo o camiño…

Ler máis Ler máis

EMILIO ARAÚXO, NO TELÚRICO TERRITORIO FELO

EMILIO ARAÚXO, NO TELÚRICO TERRITORIO FELO

Nunha das nosas visitas á Librería Couceiro en Compostela, na procura dun volume pra contextualizar a biografía que estabamos a facer sobre Benigno Álvarez, obsequiáronnos cun sorprendente libro do poeta francés Claude Royet-Journoud titulado “Frases para un felo”, que acababa de editar o selo AMASTRA-N-GALLAR (2002). As fotografías eran de Emilio Araúxo, artífice deste singular selo editorial. Logo virían moitos máis [en edición non vernal]. O propio Emilio Araúxo denominounos felo-textos. El remesaba unha ou varias fotografías a poetas, antropólogos,…

Ler máis Ler máis

ELIXIO RIVAS E O NOSO ENTROIDO

ELIXIO RIVAS E O NOSO ENTROIDO

Na “biblia” da nosa contorna aparece unha singular aproximación ao Entroido. Estamos a falar do indispensábel volume “A Limia” do egrexio etnógrafo e filólogo Elixio Rivas Quintas [Dep. Ourense, 1985]. Nas páxinas 685-89 mételle o dente a esa tradición, capítulo XXIX [“Etnografía”], subcapítulo 14 [“Ano Festeiro”]. Recuperamos o máis salientábel do imprentado por este sobranceiro investigador en clave nosa: “O galego ten a verba entroido [“introitu”], entrada á Coresma] (…). Hai quen coida que neses días prescribe toda lei moral…

Ler máis Ler máis

VICENTE RISCO E A NOSA CARAUTA

VICENTE RISCO E A NOSA CARAUTA

No imprescindíbel volume “Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Orense”, de Vicente Risco [o ideólogo maior da Xeración Nós naquela altura], atopamos nas páxinas 747-48, falando de Verín e da súa contorna, parágrafos capitais a respecto do tronco común do Noso Entroido [deles tirouse posteriormente en non poucas publicacións]. Investigado e redactado a mediados dos anos 20 do século XX [abeira os 100 anos], Risco fai unha sintética radiografía da máscara hexemónica, na que aparecen nomeados os felos….

Ler máis Ler máis

OS FELOS E FERRÍN  

OS FELOS E FERRÍN  

Na altura do Entroido de 2003, Emilio Araúxo envioulle ao noso candidato ao Nobel de Literatura [proposto polo Pen Club Galicia dende 2008], o pioneiro libro “Frases para un felo” de Claude Royet-Journoud, que editara no seu selo AMASTRA-N-GALLAR [logo virían moreas de felo-textos dos que falaremos en chegando…]. Nós fixeramos o propio cun dossier sobre os Felos de Maceda e co canónico díptico que editara o Concello de Maceda un pouco antes. Xosé Luís Méndez Ferrín fixera referencia ás…

Ler máis Ler máis