OS FELOS EN 1995
Logo do pioneiro traballo sobre os Felos publicado por Federico Cocho (Voz, 8/II/1989) e do seu volume “O Carnaval en Galicia” (Xerais, 1990), suxeríronnos, dende o departamento de Cultura do Concello de Maceda, se podiamos mergullarnos no universo Felo fornecendo aquelas aportacións. Froito daquela aproximación elaboramos unha achega que inicialmente ía saír en formato libro. Sintetizámola pra que fose imprentada en dúas páxinas no xornal La Región (pp. 14-15, “Especial Carnavais en Ourense”), o Domingo de Entroido, 26 de febreiro…