LIKE A ROLLING STONE (1965)

LIKE A ROLLING STONE (1965)

Robert Allen Zimmerman (Duluth, Minesota, 24 de maio de 1941), residente en Malibú, California (cando non está de “xira case permanente”), coñecido universalmente como Bob Dylan, conforma o climax do canon como cantautor, enténdase licuefacción impecábel entre músico e bardo, mesmo recoñecido co Premio Nobel de Literatura en 2016. Imprentamos un traballo sobre este fenómeno a escala mundial, no número 989 do semanario A Nosa Terra (ANT), o 31 de maio de 2001, ao abeiro dos seus 60 anos. Titulamos a nosa achega naquela altura “Bob Dylan, o cronista da outra Norteamérica”. Hoxe, cando cumpre 80 anos de idade, lembramos a revolucionaria e mellor canción da música pop rock de toda a historia. Compúxoa cando só tiña 24 anos cun inmarcesíbel retrouso: “How does it feel / To be on your own / With no dirección home / Like a complete unknown / Like a rolling stone”. Xa peneiraremos as diferentes versións que temos dela (gravadas intencionadamente en casete). Un dato que magnifica o fenómeno: o orixinal desta cantiga, coas emendas manuscritas e borraduras feitas polo Zimmerman, vendeuse por 2 millóns de dólares non hai moito tempo. Desta volta quedamos coa máis lograda, a do longa duración (vinilo, LP) “Highway 61 Revisited” de 1965, e que só dura 5 minutiños e 59 segundos (Dylan ten cantigas de até 17 minutos). Listen:

Os comentarios están pechados.