Navegación por
Categoría: miscelanea

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN IRMANDADE TV

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN IRMANDADE TV

A canle Irmandade TV, da man de Pedro Alonso,  fíxolle unha singular entrevista a Francisco Carballo-para o segundo programa do Caleidoscopio-, pouco antes do seu derradeiro exilio en Salamanca [no intre da gravación contaba con 88 anos de idade e vivía temporalmente en Ourense]. Rescatárona o 29 de novembro de 2014, o día que Francisco Carballo nos deixou. Saíu publicada inicialmente o 3 de setembro de 2013, cunha entradiña: “Neste programa do Caleidoscopio entrevistamos a Francisco Carballo. Nado en 1925…

Ler máis Ler máis

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

A FACETA MÁIS HUMANA DE BENIGNO ÁLVAREZ

O xornalista Xosé Manoel Rodríguez fíxonos unha entrevista antes da presentación en Maceda do libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008]. Apareceu publicada, o 12 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia: “O castelo de Maceda vivirá mañá unha cita longo tempo agardada: a recuperación dunha figura emblemática da comarca e da provincia que viu truncada a súa vida pola represión falanxista que trouxo consigo a guerra do 36. Na…

Ler máis Ler máis

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O sábado, 14 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia, ao día seguinte da presentación do noso libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008], apareceu unha salientábel columna de Antón Feito [pseudónimo dun xornalista ao máximo nivel do staff dese periódico naquela altura en Ourense]. Na súa sección “O fiadeiro” (páx. L2) imprentaba: “Fai tempo que se viña reclamando un esforzo para rescatar a figura de Benigno Álvarez do dobre…

Ler máis Ler máis

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

VIDA E MORTE DUN COMUNISTA

No suplemento “Culturas” do xornal La Voz de Galicia [14/VI/2008], aparece unha recensión do noso libro “Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008] da man dun historiador especialista nesa xeira histórica. Estamos a falar de Carlos Fernández Santander, que publicara un dos volumes de referencia quince anos antes [“El alzamiento de 1936 en Galicia. Datos para una historia de la Guerra Civil”, Eds. do Castro, 1983]. Outrosí moreas de columnas sobre ese tema no…

Ler máis Ler máis

AUDIOVISUAL ARREDOR DA AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS

AUDIOVISUAL ARREDOR DA AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS

Conforma este audiovisual [120 imaxes] un salientábel documento colectivo na historia recente de Maceda, elaborado dun xeito artesanal, moi entrañábel no fondo e tamén na forma, fermoso visualmente e cheo de sensibilidade, arredor da histórica Agrupación Cultural Os Cabaceiros e o seu contexto. Mesmo vai acompasado, como pano de fondo, co poema “Volvín á terra pro perdín o amor” de Bernardino Graña, musicado polo cantautor Suso Vaamonde [conformando unha das mellores cancións da súa traxectoria]. Fixémolo co gallo da presentación en…

Ler máis Ler máis

O RUBIÑO E OS ÚLTIMOS MOHICANOS

O RUBIÑO E OS ÚLTIMOS MOHICANOS

Ao abeiro dunha breve conversa coa filla do Juan Bouzas [amigo da nosa familia que sempre nos iluminou coa súa exemplaridade e pedagoxía, mesmo con bos consellos, naquela Maceda en branco e negro], recuperamos a carta que publicamos no xornal La Región, o 24 de decembro de 1996, ao día seguinte do pasamento dun dos seus, que sobrevivira “sinalado”, ao igual que o noso tío Valentín [O Canaso], o propio Juan Bouzas e un pequeno feixe de republicanos abeirados ao…

Ler máis Ler máis