Navegación por
Categoría: miscelanea

OS FELOS E FERRÍN  

OS FELOS E FERRÍN  

Na altura do Entroido de 2003, Emilio Araúxo envioulle ao noso candidato ao Nobel de Literatura [proposto polo Pen Club Galicia dende 2008], o pioneiro libro “Frases para un felo” de Claude Royet-Journoud, que editara no seu selo AMASTRA-N-GALLAR [logo virían moreas de felo-textos dos que falaremos en chegando…]. Nós fixeramos o propio cun dossier sobre os Felos de Maceda e co canónico díptico que editara o Concello de Maceda un pouco antes. Xosé Luís Méndez Ferrín fixera referencia ás…

Ler máis Ler máis

ARREDOR DO ENIGMA DOS FELOS DE MACEDA

ARREDOR DO ENIGMA DOS FELOS DE MACEDA

“A xénese matricial da máscara dos Felos de Maceda áchase no corazón da Serra de San Mamede entre corgas, penedos, ríos e covas milenarias. No Val do Medo houbo grupos tribais, sociedades de máscaras, megalitismo e cultos zoolátricos. A demografía castrexa e a rota romana [Vía Nova] acadaron unha singular interpretación cultural neste territorio. Dende o baixomedievo Maceda asentou bastión fortificado. Eiquí fixo inmersión lingüística en galego Afonso X o Sabio. Coa concesión da feira en 1401 despregou o burgo….

Ler máis Ler máis

FELOS CO TÁNDEM ARAÚXO & BISQUERT

FELOS CO TÁNDEM ARAÚXO & BISQUERT

De “FELOS DE MACEDA, enigma ancestral e cosmopolitismo” (Prol, 2012), do selo editorial AMASTRA-N-GALLAR, capítulo XI “Emilio Araúxo / Resonancias”, páx. 29, recuperamos: “Terra do millo / Patxi Bisquert Curta documental apaixoada Fondura poética de Emilio Araúxo Eguzkiart Zinema Oscar Rodríguez en off Intensidade sonora de Pablo Devigo Johann Sebastian Bach á gaita Aria da Suite Orquestal nº 3 Felos de Maceda como vínculo O arcano como pano de fondo”. “Con Tasio descubrín o monte, o monte era a Serra…

Ler máis Ler máis

OS FELOS DE MACEDA EN “PRIME TIME” DA TVG

OS FELOS DE MACEDA EN “PRIME TIME” DA TVG

Nos anos 90 do século pasado comezamos un delongado traballo de campo pra mergullarnos no universo dos Felos de Maceda. En 1995 imprentamos dúas páxinas completas no xornal La Región [domingo de Entroido, 26 de febreiro], baseado no díptico que tivera a ben publicarnos naquela altura o Concello de Maceda. Até daquela os Felos non existían a nivel mediático. Outrosí conseguimos un programa monográfico [media hora de entrevista] en Radio Nacional de España en Galicia [ao mediodía daquel domingo, 26…

Ler máis Ler máis

ARREDOR DE NÓS. FRANCISCO CARBALLO

ARREDOR DE NÓS. FRANCISCO CARBALLO

Na primavera de 2006 recibimos unha chamada telefónica da xornalista María Tareixa Navaza. Puxérase en contacto con nós (a través de Xan Carballa, coautor das Conversas con Francisco Carballo, ANT, 2002), para artellar o último programa da serie “Arredor de nós”, que dirixía ela e que emitía a TVE-2 eiquÍ. Escollera a Francisco Carballo por todo o que representaba para o Noso País. Quedamos en San Marcos (no edificio da TVE en Compostela). Achegámonos cun bo feixe de documentos, con fotos,…

Ler máis Ler máis

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

En 2013, cando Francisco Carballo xa estaba moi “tocado” pola enfermidade, fixo unha lúcida colaboración (como biógrafo) para o documental “A fazaña da liberdade”, dedicado a Alexandre Bóveda. Aparece en dez intervencións abondo interesantes (minutos 5:26 / 6:45 / 12:36 /17:15 / 28:14 / 58:12 / 70:58 / 72:00 / 73:49 e 75: 52). Conforma este un dos postremeiros documentos videográficos de Francisco Carballo (en vida) que merece ser espallado. Tiramos do texto que pendurou a productora FilmikaGalaika en Youtube:…

Ler máis Ler máis