A REPORTAXE QUE PUXO AOS FELOS NO PLANO MEDIÁTICO
O 8 de febreiro de 1989, apareceu na contraportada do xornal La Voz de Galicia, un traballo pioneiro do periodista Federico Cocho, que estivera en varias aldeas de Maceda para artellar aquela reportaxe. Os Felos de Maceda lograban a última páxina completa do xornal de maior difusión en Galicia [naquela altura edición global]. Até daquela apenas eran coñecidos mediaticamente fóra da nosa contorna. De feito o xornalista comezaba dicindo que non fora doado localizalos, aínda que nunca deixaran de aparecer…