Navegación por
Categoría: miscelanea

MANUEL VIDAL, UN PRESBÍTERO ILUSTRADO DE MACEDA EN IMAXES

MANUEL VIDAL, UN PRESBÍTERO ILUSTRADO DE MACEDA EN IMAXES

“Autor: Santiago Prol. Edita Grupo Academia Postal, 2017. Eis o novo libro do investigador Santiago Prol en 117 imaxes e documentos sobre os lugares, a vida e a obra de Manuel Vidal Rodríguez, un polígrafo egrexio que naceu en Maceda (Ourense) en 1871 e que faleceu en Santiago de Compostela en 1941, e que mesmo merecería ser recoñecido coas Letras Galegas”. Pendurado na arañeira polo activista Juan José Pérez Ramos, mantedor de Maceda na Rede, iso é o que podemos…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS NO NO-DO

QUIROGA PALACIOS NO NO-DO

Atopamos varios vestixios audiovisuais de don Fernando Quiroga Palacios no NO-DO [acrónimo de Noticiarios e Documentais]. Coñecido como o Nodo, era de obrigada proxección en todas as salas de cine de España, denantes de cada película, na época do xeneral Franco e nos primeiros anos da xeira democrática. Durou o Nodo dende 1942 até 1981. Creouse [oficialmente] co fin de manter, “con impulso propio y directriz adecuada, la información cinematográfica nacional” [BOE, 22/XII/1942]… Hogano na web de RTVE dispoñemos de…

Ler máis Ler máis

A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR (INDIA)

A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR (INDIA)

A misión da Terceira Armada da coroa portuguesa cara a India en 1501, abandeirada polo macedán João da Nova, era comercial e de exploración. Calecute e Cananor, no Malabar indio eran os destinos iniciais pra cargar especias.  A armada de Álvares Cabral (a Segunda) fracasara no plano comercial, ao non poder asentar unha feitoría alí. Mesmo creara problemas co zamorín de Calecute, pois saíra do Kerala indio a bombazos. A Armada abandeirada por João da Nova viuse involucrada nun conflito…

Ler máis Ler máis

FELO TIC

FELO TIC

Na liña transgresora dalgúns felo-textos do Emilio Araúxo, esta imaxe dun felo “rico” [léase ben vestido], amosa un innovador rexistro no historial do espírito anárquico e rebelde da nosa máscara ancestral do Entroido. Foi no medio do ENFELARTE deste 2024. A irrupción atronadora de media ducia de felos no salón de plenos do Concello de Maceda [xusto cando a costureira Mercedes López Pascual explicaba didacticamente como se confecciona un traxe], amosou quen ten “poder” nestas datas. No acto estaba a…

Ler máis Ler máis

FELO GRANDE & FELO AUTÓCTONO

FELO GRANDE & FELO AUTÓCTONO

Cóntanos o egrexio etnógrafo e lingüista Elixio Rivas Quintas [“A Limia”: 1985] que a carantoña era peza característica da alfarería de Tioira: “Eran carantoñas arrepiantes de demos, touros e outros animais, levadas polos felos. A de boi tamén se vía antes feita de madeira. Cada lugar armaba o seu entroido, gobernado por un felo. Na cara unha carantoña e na cabeza unha mitra talmente coma se dun bispo de tratase”. Aconséllanos en misiva privada [26/V/2012] o sobranceiro escritor e lingüista…

Ler máis Ler máis

FELO NON CANÓNICO

FELO NON CANÓNICO

Nos últimos anos da década dos 90 e nos primeiros do século XXI, a indumentaria dalgúns felos non seguía un criterio uniforme. Vaia por diante a nosa consideración por todos os que se visten de felos e respecto sumo a ese sentimento de pertenza, acompasado coa forza telúrica dunha atávica tradición que abrolla ao abeiro dun territorio singular. Antano non todo o mundo tiña os recursos que, afortunadamente gozamos hogano. Agora ben, dende tecido asociativo, dende o departamento de Cultura…

Ler máis Ler máis