Navegación por
Categoría: f.carballo

FRANCISCO CARBALLO, 1978

FRANCISCO CARBALLO, 1978

Envíanos Xan Carballa un relevante documento gráfico que agradecemos e que imos vulgarizar na bitácora. É unha foto en Vigo, na altura de 1978, nun acto político do Bloque Nacional Popular Galego [BN-PG]. Nela atopamos ao historiador Francisco Carballo con Fernando Acuña [que andando o tempo chegaría a primeiro secretario xeral da CIG entre 1994 e 2001], Teruca Conde-Pumpido [que chegaría a maxistrada da Sala do Social do TSXG], Pedro Luaces [secretario xeral da UPG naquel intre] e Francisco García…

Ler máis Ler máis

PREMIO BOS E XENEROSOS DA AELG, 2012

PREMIO BOS E XENEROSOS DA AELG, 2012

A Asociación de Escritores en Lingua Galega [AELG] tivera a ben concederlle o “Premio Bos e Xenerosos” ao historiador Francisco Carballo en 2012. A solemne entrega fixérase o sábado, 3 de marzo, no salón de actos do Museo do Pobo Galego. Asistira unha ampla representación do eido político e cultural do Noso País. Outrosí amigos de Maceda, encabezados polo alcalde Xabier Oviedo naquela altura, Celso Sánchez, Bieito Seara, Santiago Prol…. Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, dixera naquel acto que “Francisco Carballo tivera a vontade…

Ler máis Ler máis

A LECCIÓN DO EXILIO

A LECCIÓN DO EXILIO

O 25 de xaneiro de 2001, imprentaba Francisco Carballo unha columna no semanario A Nosa Terra sobre un tema polo que tiña querencia como historiador e no que partillaba: “O exilio galego está a ser estudado e aproveitando para lembrar a un dos alcaldes de Pontevedra, don Bibiano Osorio Tafall, e homenaxear a tres mulleres representantes dese exilio, as señoras Maruxa Seoane, Mariví Villaverde e Chonchiña Comesaña. Tal exilio, 1936-75, é un dos sismógrafos que miden o terremoto dos anos…

Ler máis Ler máis

“O VATICANO É UNHA EXCRECENCIA”

“O VATICANO É UNHA EXCRECENCIA”

Por mor dos escándalos financeiros que involucraron a “peixes gordos” do Vaticano (compras inmobiliarias millonarias no exterior: inmobéis de luxo en Londres con escuras empresas inglesas que terían participado na operación financeira -con diñeiro inicialmente destinado pra erradicar a pobreza…), queremos traer á bitácora unha das afirmacións máis contundentes que fixera Francisco Carballo no libro das “Conversas” (Prol / Carballa, ANT, 2002). No capítulo “Relixión. A inculturación da fe”, na páxina 61, conversando sobre “os ateos de verdade”, Carballo dicía…

Ler máis Ler máis

ARREDOR DE NÓS. FRANCISCO CARBALLO

ARREDOR DE NÓS. FRANCISCO CARBALLO

Na primavera de 2006 recibimos unha chamada telefónica da xornalista María Tareixa Navaza. Puxérase en contacto con nós (a través de Xan Carballa, coautor das Conversas con Francisco Carballo, ANT, 2002), para artellar o último programa da serie “Arredor de nós”, que dirixía ela e que emitía a TVE-2 eiquÍ. Escollera a Francisco Carballo por todo o que representaba para o Noso País. Quedamos en San Marcos (no edificio da TVE en Compostela). Achegámonos cun bo feixe de documentos, con fotos,…

Ler máis Ler máis

VINDICACIÓN

VINDICACIÓN

Vulgarizamos os tres contundentes parágrafos do volume colectivo “Historia de Galicia”, ANPG, 1979 [“Apéndice dende 1939 até 1979”, autoría de Francisco Carballo], que lemos perante máis de 30 persoas, na homenaxe do 30 de decembro de 2023, a carón da praza que leva o nome do historiador e presbítero ilustrado de Maceda. Á xudicialización arredor do libro e do autor do apéndice [e da Idade Moderna], meterémoslle o dente noutras achegas: “Os vencedores da Guerra Civil (1936-39) propuxéronse someter a…

Ler máis Ler máis