Navegación por
Categoría: f.carballo

OS LUGARES DE FRANCISCO CARBALLO: LIMPIAS (CANTABRIA)

OS LUGARES DE FRANCISCO CARBALLO: LIMPIAS (CANTABRIA)

Para non poucas fasquías da traxectoria vital de F. Carballo tiramos do libro das Conversas (Prol / Carballa, 2002), das memorias mecanoscritas (“Un brado na noite”) que nos pasara el en 2001, tamén de diversas fontes orais e, dende agora, de “O meu século. Memorias para sobriños netos e curmáns”, que lles fora remesando, dende abril de 2008 até xaneiro de 2012, e que tivo a ben pasarnos Sergi Carballo Losada, curmán en segundo grado do presbítero ilustrado de Maceda,…

Ler máis Ler máis

CELEIRÓN, “O MEU LUGAR”

CELEIRÓN, “O MEU LUGAR”

O 30 de novembro de 2000, Francisco Carballo imprentou unha columna no semanario A Nosa Terra que titulou “O meu lugar”. Eis o máis salientábel: “O poder mediático está a impoñer como denominación de todo núcleo de poboación menor o de “aldea”. Quedan relegados os lugares, casais, vilares, etc… como inexistentes. Pois non, eu son dun “lugar” en Asadur, nas terras de Maceda. Un lugar que resiste, que ten inda máis fogares que no 36, pero un terzo de habitantes….

Ler máis Ler máis

8 DE MARZO. CENTENARIO DO NACEMENTO DE F. CARBALLO

8 DE MARZO. CENTENARIO DO NACEMENTO DE F. CARBALLO

Co gallo do centenario do seu nacemento, imprentamos no interior dese díptico, unha breve recensión que titulamos: FRANCISCO CARBALLO, O FILLO EGREXIO DE MACEDA: O noso presbítero ilustrado naceu en Celeirón de Asadur (Maceda) o 8 de marzo de 1925. Ordenouse sacerdote en 1949 na catedral de Cuenca. Estudou Teoloxía, Historia e Socioloxía en Cuenca, Madrid, Barcelona e Roma. Foi director do colexio San Narciso de Marín, superior do centro San Vicente de Paúl de Barakaldo (Bizkaia) e reitor do…

Ler máis Ler máis

A GALIZA OFICIAL E FRANCISCO CARBALLO

A GALIZA OFICIAL E FRANCISCO CARBALLO

Co gallo da homenaxe que lle fixemos en vida a Francisco Carballo na súa terra de orixe, o sábado, 4 de agosto do 2000, entre outras iniciativas, o mantedor desta bitácora imprentou no semanario ANT o día anterior (3/VIII/00), un texto que logo lería ao remate da cea homenaxe ao abeiro do Castelo de Maceda (no que fixera inmersión lingüística en galego Afonso X o Sabio cando tiña 11 anos de idade e do que saíra João da Nova, o navegante galego…

Ler máis Ler máis

RACHAR A DÉBEDA CON FRANCISCO CARBALLO

RACHAR A DÉBEDA CON FRANCISCO CARBALLO

O 21 de outubro de 2018, o xornal dixital Sermos Galiza publicou con ese título unha entrevista ao mantedor desta bitácora. Logo, o 26 de outubro, a web da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) titulouna “Entrevista a Santiago Prol en Sermos Galiza”: “Medio cento de persoas participaron no roteiro cultural pola vila de Maceda para percorreren os lugares de Francisco Carballo cando se van facer catro anos do seu falecemento. O punto de partida foi a Cafetaría Castillo, onde o escritor, presbítero,…

Ler máis Ler máis

ASADUR, PARROQUIA MATRICIAL DE F. CARBALLO

ASADUR, PARROQUIA MATRICIAL DE F. CARBALLO

Asadur é un lugar extraordinario para a investigación, cheo de enigmas e claves para entender a súa centralidade. ¿Foi a capital dos interánmicos? ¿Foi epicentro militar na xeira romana ao abeiro da Vía Nova? ¿Pasou a ser un centro de culto relixioso gobernado polos suevos? Consonte o historiador Rodríguez Colmenero, Asadur representa un poboado romano importantísimo con moitos vestixios: epígrafe, miliario, moedas de ouro, pedras labradas, tellas… E logo, o antigo convento das monxas touquinegras, a igrexa prerrománica, a románica,…

Ler máis Ler máis