Navegación por
Categoría: outrosí

SOLPOR NO SEIXO

SOLPOR NO SEIXO

Por mor desta noxenta xeira distópica e co bicho axexando en bucle, o plan B pasando estadías en Maniños [Fene] -fóra da gaiola compostelá-, atópanos case todas as semanas -denantes de empardecer- facendo camiñadas até o Seixo [parroquia de Franza, concello de Mugardos], lugar de nacemento dos egrexios da nosa familia política [léase o intrépido aviador Xosé Piñeiro, que mesmo ten un par de estatuas á súa memoria en Sanxenxo e o pintor galeguista Felipe Bello Piñeiro, que finou na…

Ler máis Ler máis

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

Día da Patria Galega. Día de Galicia. Día do Santo Patrón das Españas. Festividade do Apóstolo Santiago… Nun só día poden entrar case todas as fasquías. Na órbita relixiosa en Maceda temos, abeirado ao 25 de xullo, ao Cardeal Quiroga Palacios, que protagonizou os Anos Santos de 1954, 1965 e 1971. Mesmo foi o impulsor iniciático do actual fenómeno Xacobeo. No plano arqueolóxico e literario temos ao presbítero ilustrado Manuel Vidal que escribiu tres libros arredor do universo Xacobeo e…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DOS NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO EN GOOGLE BOOKS

O LIBRO DOS NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO EN GOOGLE BOOKS

Foi un encargo e un compromiso noso, nomeadamente polo vencello do rei Afonso X o Sabio con Maceda, mesmo cando veu -con once anos de idade- facer inmersión lingüística en galego ao Val do Medo. Xa teremos tempo de peneirar ese capítulo de vagar. Hoxe avanzamos contraportada e o enlace do libro en google books [vista previa con páxinas limitadas, aínda que cun bo feixe delas en aberto, incluído case todo o capítulo sobre Afonso X e a súa conexión…

Ler máis Ler máis

BIEITO SEARA, O POSITIVISMO, A VITALIDADE E O COMPROMISO

BIEITO SEARA, O POSITIVISMO, A VITALIDADE E O COMPROMISO

Cando Bieito foi nomeado Director Xeral de Acción Social da Secretaría do Benestar, inserida na Vicepresidencia do Goberno Bipartito [25 de agosto de 2005], preparamos un encomio do que imos rememorar o máis salientábel: “Bieito Seara pertence á colleita de 1960 [nacera o 13 de marzo ás 4 da tarde]. De moi cativos compartimos aula en párvulos cunha sádica e voluminosa mestra que mallaba a cotío en nós. A mediados daquela década inaugurouse o Grupo Escolar Cardeal Quiroga Palacios. Bieito,…

Ler máis Ler máis

O DOUTOR CELSO SÁNCHEZ, A ÉTICA AO SERVIZO DA COLECTIVIDADE

O DOUTOR CELSO SÁNCHEZ, A ÉTICA AO SERVIZO DA COLECTIVIDADE

No privilexiado miradoiro da Serra de San Mamede (Castro de Escuadro, Maceda) naceu o doutor Celso Sánchez González en 1955. Quedou orfo de pai aos 15 anos. El e as súas irmás saíron adiante coa axuda da súa nai e co esforzo dos catro. Consolidamos amizade na vila de Maceda a comezos dos 80 preparando o futuro. Pasamos moitos intres de conversa -ao mediodía e ao empardecer-, na Cafetería do Cesáreo (o “Comité Central do Chéchari”). Naquela altura seguiamos de…

Ler máis Ler máis