Navegación por
Autor: sprol

O IV CICLO DA USC NA CONTORNA DE MACEDA

O IV CICLO DA USC NA CONTORNA DE MACEDA

Inserimos ultimamente nesta bitácora lugares, espazos e sentimentos arredor da nosa terra de orixe. Onte, 26 de marzo, case medio cento de persoas vencelladas á Universidade de Santiago de Compostela tiveron a ben mergullarse na nosa contorna. Logo dun reconfortante receso previo nun restaurante de estrada en Santabaia [Pereiro de Aguiar], dirixímonos a San Pedro de Rocas [Esgos], o cenobio máis vedraño e singular do Noso País. Comezamos na casa prioral, hogano reconvertida no Centro de Interpretación da Ribeira Sacra….

Ler máis Ler máis

¿POR QUE MACEDA?

¿POR QUE MACEDA?

Por ser o noso lugar de orixe, o “Macondo” da nosa infancia, a “arcadia feliz” da nosa primeira xuventude, o espazo no que sempre mantivemos as amizades verdadeiras e o territorio onde teremos o descanso derradeiro abeirado ao Medrollo milenario… Mesmo por estar asentado no Val do Medo, ao pé da Serra de San Mamede e dos Montes do Rodicio, coa inconmensurábel forza telúrica que conforman. Na SOLEIRA desta bitácora procuramos apontoar todo ese vencello, que paseniñamente imos modelando eiquí……

Ler máis Ler máis

O DOUTOR LAGE PARENTE, ARTÍFICE DO MUSEO DO MÉDICO RURAL DE MACEDA

O DOUTOR LAGE PARENTE, ARTÍFICE DO MUSEO DO MÉDICO RURAL DE MACEDA

No verán de 2018, cando estaba en pleno proceso de xestación o Museo do Médico Rural, o doutor José Manuel Lage Parente [veciño noso na Rúa do Reconco], díxonos se lle podiamos dar opinión “in situ” sobre aquela “gravidez” que estaba a piques de “saír de contas”. Quedamos impresionados, xa naquela altura, mesmo cando aínda non había paneis explicativos nas diferentes estancias e vitrinas, iluminación focalizada e demais pormenores que axiña inseriría. Ollamos outra volta o Museo do Médico Rural…

Ler máis Ler máis

O “LOBISHOME” BLANCO ROMASANTA

O “LOBISHOME” BLANCO ROMASANTA

O Concello de Esgos é coñecido polo cenobio de San Pedro de Rocas e por ser berce da familia Baltar [os da Deputación, non os benfeitores Baltar de Padrón e Compostela que novelou recentemente Suso de Toro en “Un señor elegante”]. Outrosí por ser berce de Blanco Romasanta. Estamos diante do primeiro caso de licantropía xudicializado en España a mediados do século XIX. Intencionadamente non puxemos o nome no titular desta achega. Fora rexistrado na partida bautismal como Manuela. Andando…

Ler máis Ler máis

ELIXIO RIVAS E O MUSEO DOS DEVANCEIROS

ELIXIO RIVAS E O MUSEO DOS DEVANCEIROS

Achegámonos a Elixio Rivas por mor dunha monografía súa sobre a “Historia do Santuario dos Milagres” [1991]. Agora ben, abraiounos a “biblia” da nosa contorna, que el tirara do prelo en 1985; un auténtico “vademecum” que todo investigador debe ter en conta á hora de mergullarse nestas terras. Estamos a falar de “A Limia: Val de Antela e Val do Medo”. Elixio Rivas é un pioneiro ilustrado; todo un referente en etnografía, arqueoloxía e toponimia a nivel galego. Estudara nos…

Ler máis Ler máis

BIEITO ROMERO, AGALEGA ISLANDS E JOÃO DA NOVA

BIEITO ROMERO, AGALEGA ISLANDS E JOÃO DA NOVA

Seguimos con moito interese a columna “O son do ar” de Bieito Romero, o líder de Luar na Lubre, dende que comezou a publicala semanalmente no xornal La Voz de Galicia. Mesmo temos empregado algunhas delas como material docente. A de hoxe [Voz, 8/III/2022] vai sobre unha das nosas teimas de por vida. Mágoa que non puidese ollar tamén no Castelo de Maceda a exposición que comisariamos en 2002, e que titulamos “João da Nova, o descubridor galego do século…

Ler máis Ler máis