BIEITO COMO “YOUTUBER”

BIEITO COMO “YOUTUBER”

Na primavera de 2017 solicitounos Bieito, pra un compromiso profesional cos seus colegas, se podiamos achegarnos a Maceda pra facerlle unha visita guiada a todos eles polo Noso Castelo. Na data que el tiña programada non era posíbel aquela demanda. Coma sempre, Bieito propuxo un plan B ao fallar o plan A. Que fixésemos un vídeo caseiro entre os dous co seu “mancontro”, que logo lles proxectaría alí mesmo no Castelo [prá veciñanza sempre será a Torre de Maceda]. Aquela experiencia pendurouna paralelamente na arañeira exercendo como “youtuber”… Ao remate logrouse un improvisado vídeo [sen guión nin planificación algunha] que leva moreas de visitas e que procura unha aproximación didáctica ao edificio civil máis salientábel do noso patrimonio, hogano catalogado como BIC… Bieito titulouno “Historia do Castelo de Maceda – Santiago Prol”. Eis este singular documento videográfico dun dos lugares que máis lle gorentan ao Bieito do Val do Medo, o territorio que o viu nacer e que el sempre vindica. ¡Graciñas mil!

Youtuber: Bieito Seara. Maceda, maio de 2017
Os comentarios están pechados.