QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

QUE FACER NA ILLA DE SANTA HELENA

Fonte: Jeb Brooks

Atopamos outro vídeo en youtube [10´] abondo interesante sobre a illa que descubriu João da Nova en 1502, ao regreso do III Viaxe á India da Coroa de Portugal. Ademais de fermosas vistas aéreas, o youtuber Jeb Brooks repara con detalle na famosa Escaleira de Jacob, nas residencias de Napoleón no seu exilio derradeiro en Santa Helena, nalgunhas das rutas de sendeirismo que se poden facer e nalgunhas das vistas máis abraiantes desta singular e magnética illa. Excelente traballo audiovisual. Beizón!

Os comentarios están pechados.