DON PACO DEL RIEGO, O INVENTOR DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DON PACO DEL RIEGO, O INVENTOR DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Entrevista de Xan Carballa a don Paco del Riego en “El País” [26/I/2007].

Nunha aqueloutrada entrevista que lle fixo Xan Carballa en El País, no suplemento Luces, o venres, 26 de xaneiro de 2007, Francisco Fernández del Riego, aínda director naquela altura da Biblioteca Penzol de Vigo [tiña 94 anos], aseveraba nun gran titular que “queimara a vida en defender a cultura do Noso País”. Na penúltima pregunta, Xan Carballa dicíalle que el fora o inventor do Día das Letras Galegas. Don Paco respondeu: “Foi en 1963, no mesmo ano que se implantou a Biblioteca Penzol e se fundou Grial. Para o Día do Libro en España escollérase a data do pasamento de Cervantes [23 de abril]. Como maneira de promover a Literatura Galega pensei en facer un  día propio e busquei unha data xustificativa, que ademais coincidise en tempo lectivo dos estudantes. Vin que a dedicatoria de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro a Fernán Caballero [pseudónimo da escritora Cecilia Böhl de Faber y Ruiz de Larrea], tiña data de 17 de maio de 1863. Falei co arquitecto Manuel Gómez Román [presidente do clandestino Partido Galeguista] e con Xesús Ferro Couselo [arquiveiro en Ourense], e os tres fixemos a petición na Real Academia Galega, que a adoptou por unanimidade. Empezouse dedicándollo a Rosalía”.

Placa da praza dedicada a don Paco del Riego no barrio de San Lázaro (Compostela). Foto: Santiago Prol
Os comentarios están pechados.