A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR (INDIA)
A misión da Terceira Armada da coroa portuguesa cara a India en 1501, abandeirada polo macedán João da Nova, era comercial e de exploración. Calecute e Cananor, no Malabar indio eran os destinos iniciais pra cargar especias. A armada de Álvares Cabral (a Segunda) fracasara no plano comercial, ao non poder asentar unha feitoría alí. Mesmo creara problemas co zamorín de Calecute, pois saíra do Kerala indio a bombazos. A Armada abandeirada por João da Nova viuse involucrada nun conflito bélico que non agardaba. Estaba conformada por catro caravelas revolucionarias para os parámetros da época. Da súa tripulación, menos do 25 % eran soldados… A súa audaz vitoria na Batalla de Cananor [31/XII/1501 – 2/I/1502] asentou as bases dunha nova realidade xeopolítica e comercial da que Portugal tirou proveito, grazas a un mariño galego, vencellado coa casa nobiliaria de Maceda (Ourense, Galiza), chamado João da Nova [Prol: 2002]. Outra volta recuperamos este interesante vídeo, no que mesmo sae a portada do noso libro. Outrosí Maceda, o lugar de orixe deste egrexio navegante, o galego máis relevante a comezos do século XVI.