HOMENAXE NACIONAL EN MARÍN CON DOUS AMIGOS DE MACEDA E PRISCILIANO DE FONDO, 2005

HOMENAXE NACIONAL EN MARÍN CON DOUS AMIGOS DE MACEDA E PRISCILIANO DE FONDO, 2005

Bieito Seara, Francisco Carballo e Santiago Prol. Marín, 2005. Foto: Xan Carballa

No documento gráfico que penduramos hoxe, podemos ollar a Francisco Carballo con Bieito Seara (naquela altura cargo de máximo nivel no organigrama da Xunta / Goberno Bipartito) e Santiago Prol. Ao fondo, á esquerda (algo esvaecido), Tonhito de Poi interpretando o tema que compuxo sobre Prisciliano, para o que lle pediu a Francisco Carballo asesoramento na composición da letra. Tirou esta foto o xornalista Xan Carballa na cea posterior á entrañábel “Homenaxe Nacional a Francisco Carballo. 80 anos na defensa de Galiza”, que tiveron a ben organizar en Marín, o sábado, 20 de outubro de 2005 [ANT, Irimia, Encrucillada, Coordenadora de Crentes Galegos, BNG, CIG-Ensino e Galiza Nova]. Anos despois revelaríanos Francisco Carballo que uns días antes desta sentida e magna homenaxe, lle diagnosticaran o cancro que padeceu na última etapa da súa vida, que foi o que o levou (nove anos despois). Daquela non llo dixo a case ninguén. Con 80 anos de idade naquela altura, seguiu traballando a prol do Noso País con todas as forzas que lle quedaban, nomeadamente como columnista no semanario A Nosa Terra (até o verán de 2010), logo en Sermos Galiza, no eido teolóxico e pastoral, nas vindicacións polas causas xustas e…, sempre, sempre co mesmo norte: Galiza e a súa dignificación como pobo.

Eis o “Prisciliano” da Banda de Poi pendurado en youtube por galeguia. Beizón!:

Fonte: galeguia
Os comentarios están pechados.