ESTATUA DO FELO  

ESTATUA DO FELO  

Vídeo da inauguración [12/III/2016]. Fonte: felosdemaceda.com

O Concello de Maceda tivo a ben erixir unha estatua dedicada ao Felo na praza principal da vila. O autor desta singular figura pétrea foi o artista [recoñecido mestre de canteiría orixinario de Tioira], Nicanor Carballo [colaborador do prestixioso escultor vasco Eduardo Chillida en Donostia, dende 1965 até 1978]. Subliña o activista José Juan Pérez Ramos na web felosdemaceda.com, que a estatua púxose na Praza das Toldas o 3 de marzo de 2016.

Monumento dedicado ao Felo, obra do escultor Nicanor Carballo [2016]. Foto: Santiago Prol

A inauguración oficial foi adiante o sábado, 12 de marzo dese ano. O alcalde, Rubén Quintas, pediunos levar o acto. Logo dunhas verbas do rexedor explicando o por que da iniciativa e dun eloxio merecido ao noso sobranceiro escultor, procuramos mergullarnos no enigma dos Felos, mesmo coa posta en escea de varios felo-textos. Outrosí con verbas do propio Emilio Araúxo, rescatadas do imprescindíbel volume etnográfico [cun enorme traballo de campo dende 1990], “Libremente (felos sempre serra)”, Araúxo, 2015, editado desta volta por Toxosoutos. Nas lecturas participaron varias felas de Maceda. Recolleuno con interese a prensa: La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e outras bitácoras abondo interesantes como a do fotógrafo, escritor, divulgador e blogueiro extremeño Víctor Manuel Pizarro [pinchar eiquí] Na canle dos felosdemaceda.com penduraron o acto completo. Beizón! 

Estatua do Felo de Maceda na Praza das Toldas [2016]. Foto: Santiago Prol
Os comentarios están pechados.