Navegación por
Categoría: cardeal

CARDEAL QUIROGA PALACIOS NO NO-DO, 1953

CARDEAL QUIROGA PALACIOS NO NO-DO, 1953

No NO-DO 526B, de 2 de febrero de 1953, podemos visualizar unha agarimosa benvida en Santiago de Compostela ao recén nomeado cardeal, don Fernando Quiroga Palacios, orixinario de Maceda (Ourense). Rescatámolo outra volta fornecido coas verbas do xornalista compostelán Diego Bernal López, no traballo monográfico que fixo sobre el (Xunta de Galicia, 1996): “En Compostela durante vinte e dous anos case todo foi obra do Cardeal Quiroga. Os galegos e os santiagueses transformárono nun mito de poder e gloria. Das…

Ler máis Ler máis

A OFRENDA DO 25 DE XULLO EN COMPOSTELA

A OFRENDA DO 25 DE XULLO EN COMPOSTELA

No núm. 1.233 do semanario ANT (27/VII/2006), Francisco Carballo imprentou unha oportuna columna sobre a ofrenda do 25 de Xullo [Día do Apóstolo Santiago para a Igrexa, Día de Galicia para as institucións e unha parte do pobo galego ou Día da Patria para o nacionalismo e o independentismo en clave Nosa]. Eis o aquelado texto: “Dúas ofrendas teñen relevancia entre nós, a “real” o día do Apóstolo Santiago, e a “sacramental”. As dúas teñen antigüidade e foron formalizadas no…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS NO NO-DO

QUIROGA PALACIOS NO NO-DO

Atopamos varios vestixios audiovisuais de don Fernando Quiroga Palacios no NO-DO [acrónimo de Noticiarios e Documentais]. Coñecido como o Nodo, era de obrigada proxección en todas as salas de cine de España, denantes de cada película, na época do xeneral Franco e nos primeiros anos da xeira democrática. Durou o Nodo dende 1942 até 1981. Creouse [oficialmente] co fin de manter, “con impulso propio y directriz adecuada, la información cinematográfica nacional” [BOE, 22/XII/1942]… Hogano na web de RTVE dispoñemos de…

Ler máis Ler máis

DEBEN BAUTIZAR EN GALEGO NOVOS CORPOS CELESTES

DEBEN BAUTIZAR EN GALEGO NOVOS CORPOS CELESTES

Lemos nun medio de difusión estatal, a revista máis vendida de España [Pronto, núm. 2.666, 10/VI/2023, páx. 89] que a Organización de Nacións Unidas  [ONU] “propuxo que se lle dese prioridade ás linguas vernáculas pra nomear novos corpos celestes descubertos. A Universidade Pública do País Vasco suxeriu que se bautizase como Gar [chama] ao planeta Gliese 486 e Su [fogo] á estrela abeirada. A Unión Astronómica Internacional deu a súa conformidade. Tamén o fixo coas propostas chegadas dende as Illas…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL AO PÉ DA OBRA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL AO PÉ DA OBRA

Ao abeiro do centenario do nacemento de Fernando Euloxio Quiroga Palacios na vila de Maceda [Ourense], activamos o seu legado con traballos no semanario A Nosa Terra, no xornal La Región e tamén en La Voz de Galicia. Denantes fixeramos o propio na revista inculturada de reflexión cristián “Encrucillada”. O 21 de xaneiro de 2000, na sección “Sociedade”, o xornal de maior tirada eiquí [La Voz] dedicáballe unha páxina completa ao fillo predilecto de Maceda, que titulaba “O último Cardeal”,…

Ler máis Ler máis

SELO DE CORREOS Á MEMORIA DO NOSO CARDEAL

SELO DE CORREOS Á MEMORIA DO NOSO CARDEAL

En maio de 2008 [do 17 ao 25] o Cardeal Quiroga Palacios quedou inmortalizado coa emisión dun histórico selo de correos; mesmo presentado -ao mundo e con moito nivel- en Maceda, na súa vila natal. O Grupo Academia Postal, promotor da iniciativa, editara un libriño no que participaran Xabier Oviedo, alcalde de Maceda; José Luís Baltar, presidente da Deputación Provincial; Camilo Ocampo, subdelegado do Goberno; Luís Quinteiro, bispo de Ourense; Xosé Carlos Sierra, delegado de Cultura da Xunta; Francisco Nóvoa,…

Ler máis Ler máis