AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA
O 23 de novembro deste 2021, cúmprense 800 anos do nacemento en Toledo de Afonso X O Sabio, un rei que fixera inmersión lingüística en Maceda [bispado de Ourense], cando abeiraba os 11 anos de idade [ca. 1232]. No volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009] inserimos un delongado capítulo que titulamos “Afonso X o Sabio. A súa conexión con Maceda”. Tempo teremos de peneiralo cumpridamente nesta bitácora. Hoxe queremos recuperar un parágrafo inserido nas páxinas 64 e…