CASTELAO, PAZ ANDRADE E QUIROGA PALACIOS

CASTELAO, PAZ ANDRADE E QUIROGA PALACIOS

Valentín Paz-Andrade publicou en 1982, en Edicións do Castro, un libro fundamental en clave Nosa. “Castelao na luz e na sombra” está considerado como pioneiro na aproximación á traxectoria vital de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Na páxina 624 da reedición ampliada desta obra (Ed. Galaxia, 2012), falando da morte de Castelao, destaca unha fasquía abondo relevante vencellada co noso Cardeal. Castelao morreu dun cancro de pulmón o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires aos 64 anos de idade. Eis a pasaxe que queremos salientar, nun contexto de censura (e ameazas), ao máximo nivel, no Estado español, á figura política de Castelao naquela altura:

“Desde as horas primeiras do domingo, coroas e ramos de flores comezaron a invadir o salón mortuorio. Foron tantas as ofrendas desta clase, que se fixo inevitábel destinarlles outros locais para as gardaren até a hora do enterro.

Desde as mesmas horas da segunda feira, telegramas e cables, tamén en moreas chegaron ao Centro Galego. Procedían doutras capitais americanas, e de Europa, e maiormente de Galiza. A primeira desta orixe que se recibiu viña firmada polo arcebispo de Compostela. Era o ilustre ourensán doutor Quiroga Palacios.

A bulsa da terra recollida pouco tempo antes en Rianxo foi deitada no cadaleito, na hora de ser pechado”.

Os comentarios están pechados.