HISTORIA DO CASTELO DE MACEDA EN YOUTUBE

HISTORIA DO CASTELO DE MACEDA EN YOUTUBE

O 17 de maio de 2017 propúxonos o amigo Bieito Seara (que sempre exerce de macedán), que nos achegásemos até a nosa vila natal a finais daquel mes, para recrearlle sinteticamente a historia da Nosa Torre Medieval a un colectivo de economistas galegos. Xuntaba Bieito aos seus colegas en Maceda por razóns profesionais e de confraternidade, arredor dunha comida de traballo, no prestixioso restaurante hogano alí operativo, dentro do complexo turístico Hotel Monumento Castelo de Maceda. Como nos pillaba mal…

Ler máis Ler máis

XOSÉ GARCÍA MOSQUERA, O PRECURSOR ESQUECIDO

XOSÉ GARCÍA MOSQUERA, O PRECURSOR ESQUECIDO

Con ese título comezamos hai 23 anos unha incursión nun dos poetas trilingües máis senlleiros de mediados do XIX en Galicia. Naquela altura estaba Bieito Seara de alcalde en Maceda. Quería modificar o rueiro municipal -cheo de vestixios franquistas-. Demandounos un dossier dos fillos sobranceiros para xustificar o troco do nome dalgunhas rúas. Mergullámonos así neste escritor orixinario da aldea de Castro de Escuadro, no corazón da serra de San Mamede.

TRAXECTORIA VITAL DE FRANCISCO CARBALLO(1925-2014)

TRAXECTORIA VITAL DE FRANCISCO CARBALLO(1925-2014)

Nace o 8 de marzo de 1925 no lugar de Celeirón (parroquia de Asadur, Maceda – Ourense). Cuarto de sete irmáns (4 homes e 3 mulleres). Infancia, diversión, inocencia, xogo e escola tenra dende os 5 anos. Primeira comuñón aos 6. Monta a cabalo dende os 3 anos. Ilusión coas feiras de Maceda os 4 e 20 de cada mes. Xogos na “carreira” continuos. Fogar entretido. Perda amarga da irmá maior cando ten 7 anos. Aos 11 pide estudar nos Milagres do Monte Medo, a 6 quilómetros da casa. No 2º curso, no verán, duro transo ao falecer de súpeto seu pai. Segue estudos. Aos 16 opta polo noviciado dos paúis. Catro anos en Madrid (internado filosófico atroz), outros catro en Cuenca (internado teolóxico amábel), no máis puro “nacional-catolicismo”. Presbítero aos 24 anos.