IN MEMORIAM DE MARISA VIDAL EN ENCRUCILLADA

IN MEMORIAM DE MARISA VIDAL EN ENCRUCILLADA

A revista galega de pensamento cristián Encrucillada agromou co facho do Concilio Vaticano II. Francisco Carballo colaborou dende o malogrado núm. 0 (1974). Ao pouco do pasamento do presbítero ilustrado de Maceda (o 29 de novembro de 2014), foron aparecendo lembranzas de colaboradores salientábeis en Encrucillada. No núm. 191 (xaneiro-febreiro 2015) Marisa Vidal, Rubén Aramburu e Antón Gómez fixeron sentidas achegas. No Guieiro dese número (vol. XXXIX) imprentaba o director, Pedro Castelao, que “o pobo galego perde, coa morte de…

Ler máis Ler máis

LEMBRANZA POLO FALECEMENTO DE CARBALLO

LEMBRANZA POLO FALECEMENTO DE CARBALLO

Xosé Manuel González Pérez, profesor de Lugo que a finais dos anos 70 do século pasado traballou no semanario ANT, fixo unha lembranza no Facebook, o 29 de novembro de 2014, xusto o día no que Francisco Carballo nos deixaba. Enviounos naquela altura o contido do texto o xornalista Xan Carballa, que recuperamos outra volta: “Rexo sempre, sorriso e voz de labrego cando viña pola redacción compostelá d’A Nosa Terra, na rúa da República de El Salvador, mediando a costa….

Ler máis Ler máis

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

En 2013, cando Francisco Carballo xa estaba moi “tocado” pola enfermidade, fixo unha lúcida colaboración (como biógrafo) para o documental “A fazaña da liberdade”, dedicado a Alexandre Bóveda. Aparece en dez intervencións abondo interesantes (minutos 5:26 / 6:45 / 12:36 /17:15 / 28:14 / 58:12 / 70:58 / 72:00 / 73:49 e 75: 52). Conforma este un dos postremeiros documentos videográficos de Francisco Carballo (en vida) que merece ser espallado. Tiramos do texto que pendurou a productora FilmikaGalaika en Youtube:…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN IRMANDADE TV

ENTREVISTA A F. CARBALLO EN IRMANDADE TV

A canle Irmandade TV, da man de Pedro Alonso,  fíxolle unha singular entrevista a Francisco Carballo-para o segundo programa do Caleidoscopio-, pouco antes do seu derradeiro exilio en Salamanca [no intre da gravación contaba con 88 anos de idade e vivía temporalmente en Ourense]. Rescatárona o 29 de novembro de 2014, o día que Francisco Carballo nos deixou. Saíu publicada inicialmente o 3 de setembro de 2013, cunha entradiña: “Neste programa do Caleidoscopio entrevistamos a Francisco Carballo. Nado en 1925…

Ler máis Ler máis

CARBALLO E FERRÍN

CARBALLO E FERRÍN

Cando artellamos a homenaxe a Francisco Carballo en Maceda, o 4 de agosto de 2000, puxémonos en contacto epistolar con Xosé Luís Méndez Ferrín para invitalo aos actos programados. Mesmo lle suxerimos tivese a ben facer unha evocación nunha das súas columnas semanais no Faro de Vigo. Sempre que lle pedimos algo nesa liña aceptou (Benigno, Gayoso, Carballo, Felos…). ¡Beizón! Aínda que non puido vir a Maceda aquel sábado, imprentou unha sentida columna (Faro, 4/VIII/2000). A relación dos dous viña…

Ler máis Ler máis

IMAXES COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA

IMAXES COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA

No libro das Conversas (Prol / Carballa, ANT, 2002) aparecen -nas páxinas 172 e 173- varios documentos gráficos nos que podemos ollar ao historiador Francisco Carballo participando activamente nas campañas a prol da galeguización da toponimia en galego e tamén na Primeira Carreira Popular en Defensa do Idioma Galego, organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galegas e abandeirada pola Asociación Cultural de Vigo, que presidía naquela altura (comezos dos anos 80) o presbítero ilustrado de Maceda. Remesounos Xan Carballa outras fotos da…

Ler máis Ler máis