ARREDOR DO ENIGMA DOS FELOS DE MACEDA
“A xénese matricial da máscara dos Felos de Maceda áchase no corazón da Serra de San Mamede entre corgas, penedos, ríos e covas milenarias. No Val do Medo houbo grupos tribais, sociedades de máscaras, megalitismo e cultos zoolátricos. A demografía castrexa e a rota romana [Vía Nova] acadaron unha singular interpretación cultural neste territorio. Dende o baixomedievo Maceda asentou bastión fortificado. Eiquí fixo inmersión lingüística en galego Afonso X o Sabio. Coa concesión da feira en 1401 despregou o burgo….