BIEITO SEARA CONSONTE XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA
Recuperamos hoxe, do Introito [páx. 10] das “Conversas co Bieito” [Prol, 2022], as verbas do polifacético activista en clave Nosa e mentor dun prestixioso bufete de avogados na cidade da Coruña, Xoán Antón Pérez-Lema: “Coñecín a Bieito Seara cando os dous partillamos na equipa directiva da Vicepresidencia da Xunta, nomeados por Anxo Quintana. Despois tivemos ocasión de colaborar profesionalmente, el dende a súa asesoría empresarial e eu dende o despacho de avogados que dirixo. Tanto no eido público como no…