GRUPO MATRICIAL DA ASOCIACIÓN AMIGOS DE FRANCISCO CARBALLO

GRUPO MATRICIAL DA ASOCIACIÓN AMIGOS DE FRANCISCO CARBALLO

De esqueda a dereita: Milagros Calvo Carballo, Xabier Oviedo, Bieito Seara, Celso Sánchez e Santiago Prol.

O 15 de outubro de 2016, xuntámonos na Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda pra poñer a camiñar esta loábel iniciativa [AAFC]. Pretendiamos, con estas ferramentas [asociación, bitácora, roteiros e demais], manter viva a memoria, o legado e a inculturación que lle aportou ao Noso País o presbítero ilustrado de Celeirón de Asadur. Sumemos adeptos á causa: “Toda a miña actividade está sempre arredor da Historia, da reflexión teolóxica e do vivir dun galego crente. Amo a montaña, o mar, o silencio das noites de luar e os días de choiva quente”. AUTOBIOGRAFÍA (Biblioteca Virtual Galega).

Os comentarios están pechados.