Navegación por
Categoría: teimas

ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO

ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO

Por iniciativa do ex alcalde e amigo Xabier Oviedo, que sempre exerce de macedán, participamos un par de veces nesta nova xeira de Radio Maceda, en plena pandemia (no Ano Cero do Bicho). A data desta segunda entrevista coincidiu co aniversario da Revolução dos Cravos, o 25 de abril de 2020. Falamos do universo vencellado coas nosas pescudas sobre Maceda e os seus egrexios durante unha media hora. Como Xabi sabe da nosa querenza por Bob Dylan, despediu a entrevista…

Ler máis Ler máis

ATÉ POMPEYA NO DYANE 6 VERMELLO

ATÉ POMPEYA NO DYANE 6 VERMELLO

A primeira vez que amosamos interese por ir a Pompeya (e por extensión a Herculano e Nápoles) foi a comezos dos anos 70 por mor dunha reportaxe en Selecciones del Reader´s Digest, revista mensual á que estabamos subscritos na nosa casa en Maceda, nun tempo no que case todo era en branco e negro. Aquela teima acompañounos o resto da nosa existencia. Logramos facer realidade a primeira visita no verán de 1986. Nós tiñamos un Dyane 6 vermello e a…

Ler máis Ler máis

VLAD TEPES ROMANCEADO POR STOKER

VLAD TEPES ROMANCEADO POR STOKER

Foi na primavera do curso 1975-76, cando estabamos en Sexto (do antigo Bacharelato Superior, o da Lei de 1953 de Ruiz-Giménez,  anterior á de Villar Palasí, a da EXB e o BUP de 1970). Naquela altura, por agasallo familiar (dende Terra Ancha), chegou ás nosas mans unha novela que nos deixou abraiados e que devoramos nun par de sentadas. “Drácula” de Bram Stoker (1897) sobordaba as 450 páxinas. Con ela medrou a nosa vocación lectora. Non imos contar as orixes…

Ler máis Ler máis

CINE DE VERÁN CON ALIEN O OITAVO PASAXEIRO

CINE DE VERÁN CON ALIEN O OITAVO PASAXEIRO

O activista Bieito Seara, abandeirando a segunda xeira da Agrupación Cultural Os Cabaceiros de Maceda, levou adiante, nos primeiros anos da década dos 80, un salientábel proxecto de cinema de verán ao aire libre. Proxectábase os venres, logo de empardecer, durante o mes de agosto ao abeiro das Festas das Neves. Optara por un espazo moi aqueloutrado (a Aira das Mantas), no centro urbano da vila de Maceda. A xente sentábase no chan ou traía un asento pequeno, estilo camping…

Ler máis Ler máis

LIKE A ROLLING STONE (1965)

LIKE A ROLLING STONE (1965)

Robert Allen Zimmerman (Duluth, Minesota, 24 de maio de 1941), residente en Malibú, California (cando non está de “xira case permanente”), coñecido universalmente como Bob Dylan, conforma o climax do canon como cantautor, enténdase licuefacción impecábel entre músico e bardo, mesmo recoñecido co Premio Nobel de Literatura en 2016. Imprentamos un traballo sobre este fenómeno a escala mundial, no número 989 do semanario A Nosa Terra (ANT), o 31 de maio de 2001, ao abeiro dos seus 60 anos. Titulamos…

Ler máis Ler máis