ROTEIRO POR BARAKALDO (6)
Comezamos esta achega cun singular vídeo de Turismo Vasco.com Seguimos complementando o roteiro coas Conversas (Prol / Carballa, 2002): “Cando caín en Barakaldo a vida era durísima e afectoume moito. Estabamos pegados ás vías do tren cunha sucidade impresionante. Ademais dos catarros, perdín parte da audición. Cando cheguei alí, ao superior tomáballe o pelo todo o mundo. Era unha especie de domine cabra [reminiscencias ao persoeiro da novela satírica e picaresca El Buscón de Quevedo, 1626]. Metíase en todo. Mantiña un autoritarismo tremendo. Todos…