MACEDA EN INVERNO. Ramón Caride
Pásanos Moncho Caride o poemario Diacrónica (Editorial Juglar, 2025), no que recupera un bo feixe de composicións imprentadas en incursións de 2006 (As máscaras de Cronos) e 2009 (Criptografías). Desta volta nunha edición bilingüe (coa “axuda” do seu heterónimo / tradutor -ao castelán- Darío Gancedo). Como Moncho Caride é fillo adoptivo de Maceda dende hai case medio século (só falta que o recoñezan institucionalmente), imos pendurar o poema que titulou MACEDA EN INVERNO, que tivo a ben dedicarnos e que…