Navegación por
Categoría: miscelanea

AUTORRETRATO CO FELO NO DISTÓPICO ANO CERO DO BICHO

AUTORRETRATO CO FELO NO DISTÓPICO ANO CERO DO BICHO

Decantámonos por ese autorretrato (“selfie” no dicionario Oxford) para ilustrar a Soleira desta bitácora, léase autobiografía actualizada, no contexto do distópico Ano Cero do Bicho. A carauta da nosa liñaxe fíxoa o patriarca do mundo Felo, o venerábel señor Manuel Garrido Silva, orixinario de Vilardecás (Maceda), que mesmo pintou un porco bravo dos que pululan pola enigmática Serra de San Mamede. O tapabocas -agasallo do parente radiólogo- foi deseñado eiquí (en GZ) por Pardezetas. Amosa certa concomitancia co Joker, aínda…

Ler máis Ler máis

HISTORIA DO CASTELO DE MACEDA EN YOUTUBE

HISTORIA DO CASTELO DE MACEDA EN YOUTUBE

O 17 de maio de 2017 propúxonos o amigo Bieito Seara (que sempre exerce de macedán), que nos achegásemos até a nosa vila natal a finais daquel mes, para recrearlle sinteticamente a historia da Nosa Torre Medieval a un colectivo de economistas galegos. Xuntaba Bieito aos seus colegas en Maceda por razóns profesionais e de confraternidade, arredor dunha comida de traballo, no prestixioso restaurante hogano alí operativo, dentro do complexo turístico Hotel Monumento Castelo de Maceda. Como nos pillaba mal…

Ler máis Ler máis