IMAXES COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA
No libro das Conversas (Prol / Carballa, ANT, 2002) aparecen -nas páxinas 172 e 173- varios documentos gráficos nos que podemos ollar ao historiador Francisco Carballo participando activamente nas campañas a prol da galeguización da toponimia en galego e tamén na Primeira Carreira Popular en Defensa do Idioma Galego, organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galegas e abandeirada pola Asociación Cultural de Vigo, que presidía naquela altura (comezos dos anos 80) o presbítero ilustrado de Maceda. Remesounos Xan Carballa outras fotos da…