IN MEMORIAM DE ANTÓN GÓMEZ EN ENCRUCILLADA
Antón Gómez González, orixinario das Bouzas do Rodicio [moi perto de onde naceu Francisco Carballo en Celeirón de Asadur], é unha das persoas que mellor coñeceu ao presbítero ilustrado de Maceda. Reencontrámonos con el (e a súa compañeira) en Santa Marta de Tormes (Salamanca) o domingo, 30 de novembro de 2014, con Carballo de corpo presente. Dende Maceda achegámonos Xabier Oviedo (alcalde), Bieito Seara (ex alcalde e alto cargo no Bipartito) e o mantedor desta bitácora. Unha viaxe de ida…