O DESCANSO DERRADEIRO DE GARCÍA MOSQUERA
Xa dixemos que o poeta trilingüe don Xosé García Mosquera falecera en Ourense capital o 19 de novembro de 1868, aos 51 anos de idade. Inicialmente fora soterrado no cemiterio de San Francisco. García Mosquera tivera a ben desposarse con Ignacia Fornos López o 31 de decembro de 1857. Do seu matrimonio naceran catro fillos: Carmen, Amiano, José María e María de la Concepción Antonia. A súa muller morrería vinte e nove anos despois do pasamento do poeta oficial da…