Navegación por
Categoría: xiz

POR QUE NOS QUEDAMOS CO ZOO DE SANTILLANA

POR QUE NOS QUEDAMOS CO ZOO DE SANTILLANA

Ao longo da nosa vida visitamos moreas de parques zoolóxicos, moito máis cando iamos cos nosos fillos. Dos grandes salientaríamos o de Barcelona e, nomeadamente, o de Lisboa. Aos dous achegámonos un bo feixe de veces. Cabárceno [en Cantabria], que tamén visitamos, é outra cousa, e xa se encarga o mediático presidente Miguel Ángel Revilla de vulgarizalo. Porén, desta volta queremos poñer en valor o Zoo de Santillana del Mar [como di o tópico, non é santa, nin plana, nin…

Ler máis Ler máis

37 ANOS, 1 MES E 1 DÍA

37 ANOS, 1 MES E 1 DÍA

Semella a sanción que lle imputaban aos reos en tempos non tan afastados. 37 anos, 1 mes e 1 día. Esa referencia coincide co período de cotización, léase anos de servizo, como funcionario de carreira no corpo (ou escala) de mestres. Xa teremos tempo pra peneirar todo ese tempo, aínda que o primeiro mes e o último desa traxectoria profesional non foron aqueloutrados consonte os parámetros da burocracia administrativa, por razóns que en chegando esclareceremos. A delongada aventura docente tomou…

Ler máis Ler máis